venres, 18 de decembro de 2015

BO NADAL!!!!

Hoxe entregamos uns agasallos aos participantes na competición de atletismo de ESO realizada nos recreos desta 1ª Avaliación!!!!

Noraboa a todos os participantes e grazas polo volo esforzo e colaboración coa organización!!!!

Recordarvos que á volta das vacacións de Nadal realizaremos a última parte da competición de bádminton!!!!

Desexámosvos Moi BO NADAL!!!!!!


xoves, 17 de decembro de 2015

Campo a través no Pino

O alumado deste centro participou como nos últimos anos na actividade Campo a Través que este ano se levou a cabo en Castrofeito, O Pino. Os resultados foron moi bos xa que, ademais de gozar dun día moi especial co alumnado doutros centros, algúns compañeiros e compañeiras conseguiron pasar á fase zonal de Santiago de Compostela. A todos eles moitas grazas por participar!!