luns, 16 de maio de 2016

DATOS DE DAFIS DO NOSO ALUMNADO DE 8 A 15 ANOS

Este curso participamos por vez primeira en DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Este programa aparece para facilitarnos aos profesores a valoración da condición física dos nosos alumnos e no noso CPI estamos a desenvolvelo dentro do Plan Proxecta. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade, axilidade-velocidade) e permite coñecer en qué estado físico se atopa un alumno para decidir cales son os aspectos que necesitan melloras e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

A continuación publicamos un documento no que aparecen os resultados por idade e sexo en cada unha das probas físicas e no IMC. As cores verdes indican que os valores se corresponden cunha condición física saudable e as cores vermellas nos avisan que debemos mellorar nesas cualidades físicas. En cada unha das probas podemos comparar tamén os resultados coa mediana en Galicia.

Como fixemos a edición desde un documento PDF a Word, aparece algún fallo de formato que non puidemos solucionar. Ademais, queremos indicar aquí que na táboa de 11 anos non hai ningún resultado masculino nin na de 15 anos ningún feminino, polo que as cores existentes non equivalen a ningún valor nas probas.

En xeral, estamos contentos cos resultados obtidos polo noso alumnado e animámosvos a seguir practicando moita actividade física e deportiva para manternos nesta liña ou mellorar para o vindeiro ano!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario