domingo, 18 de febreiro de 2018

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS PRAIO CABÍO (A POBRA DO CARAMIÑAL)


Un día máis a nosa campeona Enma deixounos abraiados coa súa capacidade de superación e esforzo participando, no campionato galego de campo a tráves na Pobra do Caramiñal, sen estar ao 100 %. Gracias Enma, polo exemplo de deportista que nos das a todos !!

luns, 5 de febreiro de 2018

Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro festexamos o DÍA DA PAZ mediante xogos cooperativos; pasámolo xenial. Este foi o resultado

domingo, 4 de febreiro de 2018

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ACEA DA MA (CULLEREDO)

Outro día máis o alumnado do noso centro demostrou a capacidade de superarse a si mesmos. Nun día marcado polo mal tempo, só Enma foi capaz de clasificarse para a seguinte fase do campionato campo a través. A pesar diso felicitacións a Bruno, Diana, Natalia e Enma polo seu esforzo e por facer deporte. Oxalá todos aprendamos deles e nos animemos a seguir o seu exemplo. Moitas grazas campións!!