domingo, 2 de decembro de 2018

CAMPO A TRAVÉS O PINO

Un ano máis xa estamos outra vez a dar guerra na competición campo a través. Moitas grazas a todos/as os/as participantes deste ano. A pesar do frío e da auga pasámolo xenial cos nosos/as compañeiros/as dos outros colexios da contorna. Grazas a todos/as e a seguir facendo deporte!!!














 

martes, 13 de novembro de 2018

Polo San Martiño, peóns ao camiño!!!! 
Este ano, o profesorado fai mostra das súas dotes artísticas sobre o protagonista nestes días: o Peón... Grazas!!!



Día do Peón e Magosto



Xogando, revivindo e creando!!!
Compartindo un día completiño!!!! Xogamos ao Arrincacebolas, chapas, zancos, Galletas, O pano, Tira da corda, O xogo da silla, Tira da botella...



venres, 12 de outubro de 2018

Xogamos a coñecer os alimentos.

Os máis pequenos de primaria estamos a xogar a identificar e diferenciar entre os alimentos máis sans ,que podemos comer todos os días (froitas, verduras, pescados, hortalizas,...) e os que debemos comer con máis moderación para que non nos afecten negativamente na saúde (dulces, gominolas, xeados, marisco,....)



     
                                     
                               


  

  

  

  

  

 






mércores, 27 de xuño de 2018

.Análise dos hábitos de práctica de Actividade Física do noso alumnado de 8 a 17 anos curso 2017-18

   Dentro das actividades desenvolvidas no Proxecto Deportivo de Centro (PDC), durante o mes de xuño o alumnado de 8 a 17 anos, que cursa 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso centro, cubriu un cuestionario que se lles pasou co obxectivo de coñecer os seus hábitos de consumo de actividade física e deportiva (AF) e de sedentarismo.  
  Seguimos a estar moi orgullosos dos datos que nos amosa o cuestionario, que nos confirman que o PDC vai nunha moi boa dirección e que nos garantiza que o obxectivo principal do mesmo, aumentar o número de horas semanais de práctica do noso alumnado está acadado moi amplamente. As conclusións máis salientables son as seguintes:
  • O estilo de vida do noso alumnado de 8 a 17 anos en relación coa AF segue sendo moi positivo, polo número de horas semanais de práctica, pasando de 11,64 horas de media, sen contar as clases de EF, do curso pasado a 12,54 horas semanais neste curso. As medias das chicas atópanse en 10,95 horas e as dos chicos en 13,69 horas semanais, superando en ámbolos dous casos amplamente as recomendacións da OMS para o seu grupo de idade -7 horas á semana-. Concretamos agora estos datos, tendo en conta que as dúas horas de EF obrigatorias semanais non están incluídas nestes datos:
  1. O 75,64% do alumnado fai un mínimo de seis horas semanais de AF, subindo esta porcentaxe nun 6,64% con respecto ao curso pasado.
  2. O 59% do alumnado realiza un mínimo de oito horas semanais de AF, e o 53.73% realiza máis de 10 horas semanais.
  3. Os nosos nenos son moi activos, pois o 66% deles practican como mínimo 8 horas semanais e o 9% realizan de 6 a 8 horas.
  4. No caso das nenas, o 65% realiza un mínimo de 6 horas semanais de práctica, o cal é un dato moi positivo de adhesión á AF.
  • O 67% do alumnado recoñece que este curso realizou máis AF fóra do centro e o 80% realizou máis AF no centro, porcentaxes moi similares ás do curso pasado.
  • A media de días semanais de práctica de AF 
  • A media de días semanais de práctica de AF durante un mínimo de 30 minutos -sen contar os días de EF-, é de 6,43 días; por sexos, indicar que as nenas practican actividade física 6,22 días á semana e os nenos 6,72 días á semana, mantendo unas porcentaxes similares ás do curso pasado.
  • Ao 100% do noso alumnado gústalle a actividade físico-deportiva. Este dato relaciónase directamente coa importancia de aplicar o PDC.
  • O 98,5% do alumnado califícase como suficientemente activo/a, activo/a ou moi activo/a.

domingo, 13 de maio de 2018

V CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES

Por sorte o tempo acompañounos ata o final e tivemos un día perfecto para correr e para gofar unha tarde entre amigos/as e compañeiros/as do deporte e da diversión.  Grazas a todos/as outra vez por participar e por vir a esta festa do deporte.