luns, 21 de decembro de 2020

Recomendacións da OMS sobre actividade física e saúde

A OMS (Organización Mundial da Saúde) ven de publicar recentemente un estudo sobre a actividade física a nivel mundial no que se indican recomendacións de actividade física por rangos de idade.

Son moitos os beneficios da actividade física en relación coa saúde e co benestar a nivel físico, psicolóxico e social. O aumento dos hábitos sedentarios e de inactividade física son preocupantes para os distintos organismos e institucións, polo que debemos insistir na importancia da creación duns hábitos saudables dende os máis pequenos, mellorando así a calidade de vida dos nos rapaces e rapazas.

Tedes máis información no seguintes links 

https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/physical-activity

https://munideporte.com/imagenes/documentacion/ficheros/033F1B47.pdf

sábado, 21 de novembro de 2020

PSICOMOTRICIDADE 3 ANOS

As nenas de 4º de Infantil divertímonos moito nas clases de psicomotricidade. Esta semana estivemos facendo os nosos primeiros circuitos. Aquí vos presentamos un exemplo para que vexades o ben que o facemos!

martes, 3 de novembro de 2020

BENVID@S DE NOVO!

Xa estamos de volta a pesar do coronavirus...

Arrancamos o Proxecto de vida activa e deportiva para o curso 20/21.

Agora máis que nunca, moverse é importante!



venres, 19 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - DESPEDIDA

E chegou o fin de curso e dunha maneira moi distinta a que todos nos imaxinamos. Espero que vos gustasen as propostas e actividades que vos propuxen durante estes días. 

Para que non vos colla por sorpresa dicirvos tamén que para o ano xa non vou estar con vós. Comezo outra etapa da miña vida noutro centro e espero que sexa tan apasionante como foron estes catorce anos con vós. Paseino moi ben e oxalá levedes un bo recordo do meu paso polas vosas vidas. Unha aperta moi grande e a pasar un bo verán.

domingo, 14 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - MELLORES MOMENTOS DEPORTE ESPAÑOL

Para que nos quede un bo recordo do que é o deporte vamos a ver un vídeo no que podemos ver moitos dos mellores momentos do deporte español dos últimos anos. Animádevos a facer deporte. Tedes moitas formas de practicalo. De vós depende elixir a que máis vos guste para pasalo ben.!!

PINCHA AQUÍ

INFANTIL E PRIMARIA - FUTUROS DEPORTISTAS GALEGOS

Para que vos animedes a practicar deporte vamos a ver un vídeo de futuras promesas galegas do deporte. Nel poderedes ver como calquera de vós pode chegar ao máis alto no mundo do deporte con traballo e constancia. Espero que vos guste.

PINCHA AQUÍ

MEDALLAS XOGOS OLÍMPICOS 2016

E para que vexades algúns dos éxitos aos que poden chegar estes atletas nun futuro, un pequeno exemplo das medallas conseguidas nos últimos xogos olímpicos de Río do ano 2016.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL E PRIMARIA - RETO FAMILIAR

Para este reto tedes que participar o maior número de persoas da casa. Consiste tal é como se ve no vídeo en intentar poñerse todos de pé agarrados a mesma corda. Espero que vos guste. Se queredes podedes mandarmo a jclr@edu.xunta.es

PINCHA AQUÍ

sábado, 13 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - BAILE DE DESPEDIDA

Xa só nos queda esta semana para terminar o curso. Vamos a facer actividades para despedir o curso da mellor forma posible. Agora toca bailar. Espero que vos guste!!

PINCHA AQUÍ

venres, 12 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL


RETO SEMANAL 11
    
    MATERIAIS:
                O QUE SE PRECISE PARA O XOGO ELEXIDO

                ELABORACIÓN:
                A QUE SE PRECISE PARA O XOGO ELEXIDO

                COMO XOGAR:
                ESTA VEZ O RETO VAI CONSISTIR EN GRAVARSE REALIZANDO UN DOS XOGOS QUE VOS PROPUXEN DURANTE ESTAS SEMANAS. O QUE VÓS QUEIRADES. CON GRAVAR UNS SEGUNDOS XOGANDO AO XOGO XA ME CHEGA.

  
COMO SEMPRE MANDÁDEME OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS A ESTA DIRECCIÓN


                                                               jclr@edu.xunta.es                  



xoves, 11 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - REPASO XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

Para facer un repaso dos principais e máis coñecidos xogos que vimos ata agora vamos a ver un vídeo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. 

PINCHA QUÍ

mércores, 10 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - AS CARRILANAS

Tócanos agora ver unha forma moi diferente que tiñan os nosos avós e avoas de xogar. Trátase das carrilanas.
Estas construcións foron aparecendo no norte de España a principios do século XX. Os nenos e nenas desa época non tiñan xoguetes e buscaban formas de entreterse. Un deses xoguetes que crearon foron as carrilanas coas que baixaban costas a toda velocidade.


Para que vexades que velocidade se colle con estes aparellos mándovos un vídeo que nos pon no lugar dun condutor destes trebellos.

luns, 8 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - O XOGO DA SOGA - TIRA

Outro xogo moi coñecido e que pasou de xeración en xeración é a soga-tira .
A súa orixe data de tempos moi antigos , xa no antigo Exipto 2500 anos antes de Cristo practicábase este tipo de xogo.

domingo, 7 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - O XOGO DA RA

Vamos con outro xogo tradicional e que foi moi popular para os nosos avós e avoas. Trátase do xogo da ra. 
Unha antiga lenda Inca di que nesa cultura os sapos eran venerados polos seus poderes máxicos. Nos días festivos tirábanse pezas de ouro aos lagos. Se un sapo saltaba e comía a peza, éste convertíase en ouro e concedíaselle un desexo ao tirador. En homenaxe a tantos desexos feitos realidade, o Inca manda construír un gran Sapo de ouro, co cal se divertía a realeza.

xoves, 4 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL 10



RETO SEMANAL 10


    MATERIAIS:
                UN VASO DE PLÁSTICO E BÓLAS DE PAPEL

                ELABORACIÓN:
                FACER 3 BÓLAS DE PAPEL. O TAMAÑO DO PAPEL PARA FACER AS BÓLAS É DE MEDIO FOLIO

                COMO XOGAR:
                ESTA VEZ O RETO VAI CONSISTIR EN METER 1,2 OU 3 BÓLAS DE PAPEL DENTRO DUN VASO DE PLÁSTICO. LANZALAS CARA ARRIBA PARA QUE SAIAN DO VASO E VOLVELAS COLLER CO PROPIO VASO.

TEN MÁIS DIFICULTADE DA QUE PARECE. COMEZADE CUNHA BÓLA PRIMEIRO.
  
COMO SEMPRE MANDÁDEME OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS A ESTA DIRECCIÓN

jclr@edu.xunta.es




mércores, 3 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - O PEÓN

Outro xogo  que tamén practicabán os vosos avós e avoas son os peóns . Os peóns non teñen unha orixe definida pero tense coñecemento da esistencia de peóns dende o ano 4000 antes de Cristo xa que se encontraron exemplares feitos de arxila nas beiras do río Éufrates.

Vamos a ver dous vídeos sobre os peóns.

PINCHA AQUÍ

PINCHA AQUÍ

martes, 2 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - AS CANICAS

Temos hoxe un xogo moi especial ao que xogaban os vosos pais e nais e case seguro os vosos avós e avoas. O xogo das canicas.  A súa orixe aparentemente remóntase ata o Antigo Exipto e a Roma Precristiana. De feito encontráronse canicas presentes na tumba dun neno exipcio de alrededor do ano 3000 antes de Cristo. 

Agora podedes ver varias modalidades do xogo das canicas. Espero que vos gusten. 

PINCHA AQUÍ

PINCHA AQUÍ

PINCHA AQUÍ

luns, 1 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - 3 EN RAIA

Agora un xogo moi doado. "O tres en raia". Pódese debuxar no chan e utilizar 3 paus e 3 pedras para xogar. A historia do tres en raia tal e como o coñecemos remóntase a lexana Persia, fai case 1000 anos, desde onde mercaderes italianos exportárono as súas terras e o extenderon.

PINCHA AQUÍ

domingo, 31 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - A PETANCA

Agora toca un xogo que seguro vistes practicar algunha vez. A petanca. É un xogo tradicional e que foi moi popular. Hoxe en día estase a recuperar a súa popularidade e en moitos paises hai competicións nacionais e internacionais polo que xa se considera un auténtico deporte.
A petanca tal e como a coñecemos hoxe ven da expresión “Pieds Tanquees”, e dicir, pés quedos , porque se conta que na Provenza un xogador de bolas perdeu as súas pernas nun accidente e o seu irmán que tamén era xogador propúxolle unha partida sen impulso nun terreo máis corto. A proposta foi un éxito e desde entón xogamos desa forma.

PINCHA AQUÍ

venres, 29 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL 9


RETO SEMANAL 9
    
    MATERIAIS:
                1, 2 OU 3 MOEDAS GRANDES IGUAIS   

                ELABORACIÓN:
                SÓ HAI QUE TER UN ESPAZO GRANDE E LIBRE DE OBSTÁCULOS

                COMO XOGAR:
                O XOGO CONSISTE EN POÑER 1, 2 OU 3 MOEDAS GRANDES IGUAIS NA PARTE DO DORSO DA MAN. DESPOIS HAI QUE IMPULSALAS CARA ARRIBA E COLLELAS CA PALMA DA MAN ANTES DE QUE CAIAN NO CHAN. COMEZADE CUNHA MOEDA SOA, NON EMPECEDES CAS 3 A PRIMEIRA VEZ.

NON É TAN DOADO COMO PODE PARECER NUN PRINCIPIO. ESPERO QUE VOS GUSTE!!    
  
DESTA VEZ SI ME PODEDES MANDAR OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS A ESTA DIRECCIÓN 
                                                                 jclr@edu.xunta.es 




                                                                              

xoves, 28 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - A ESTORNELA OU BILLARDA

Agora tócalle a outro xogo que tamén foi moi practicado polos nosos avós e bisavós. É un xogo que só precisa de dous paus. O pau grande ou palán e o pau pequeno ou estornala / billarda. Hai que practicar moito pero, ca práctica é moi divertido. É un xogo con orixes na idade media e é autóctono de Galicia. Un xogo que naceu aquí e que formará para sempre parte da nosa cultura.

PINCHA AQUÍ

martes, 26 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - AS 7 E MEDIA

Non se trata do xogo de cartas que todos coñecemos pero, as regras son moi semellantes. É un xogo que tamén se está esquecendo pero, que formou parte da nosa cultura. 

PINCHA AQUÍ

INFANTIL E PRIMARIA - O ARO

O xogo do aro foi moi practicado polos nosos avós e bisavós fai moito tempo. Este xogo estase a esquecer xa que deixou de transmitirse de xeración en xeración. Comeza tamén a ser un xogo descoñecido por moitos polo que temos que intentar extender o coñecemento da súa esistencia a maior cantidade de persoas posible. A nosa cultura non se debe perder!!
Parece que a súa orixe procede da antiga Grecia no que se xogaba a este xogo como unha forma de realizar o que eles chamaban exercicio hixiénico.

venres, 22 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - A MARIOLA

Vamos a ver agora un xogo tradicional que é  moi popular en Galicia. O xogo da mariola. A mariola é un xogo moi fácil de xogar que esixe un pouco de equilibrio e coordinación para poder facer ben os saltos nos distintos espazos que presenta. Pode ter moitas formas pero, as regras son prácticamente iguais en todas elas. Parece que o seu orixe xa data da época dos romanos xa que apareceron nalgúns fosos romanos algunhas representacións deste xogo.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL 8



RETO SEMANAL 8

    MATERIAIS:
                SALTO DESDE POSICIÓN DE XEONLLOS    
            
                ELABORACIÓN:
                SÓ HAI QUE TER UN ESPAZO GRANDE E LIBRE DE OBSTÁCULOS

                COMO XOGAR:
                O XOGO CONSISTE EN POÑERSE DE PÉ DESDE A POSICIÓN DE XEONLLOS. OS PÉS TEÑEN QUE ESTAR TOTALMENTE ESTIRADOS PEGADOS AO CHAN. O ALUMNADO DE INFANTIL PODE APOIAR AS PUNTAS DOS PÉS PARA INTENTALO.

NON É TAN DOADO COMO PODE PARECER NUN PRINCIPIO. ESPERO QUE VOS GUSTE!!    
       

DESTA VEZ SI ME PODEDES MANDAR OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS A ESTA DIRECCIÓN
                                                               jclr@edu.xunta.es       



           

xoves, 21 de maio de 2020

PRIMARIA - XOGO DA PORCA

Agora un xogo tradicional e popular nalgúns lugares de Galicia. O xogo da porca. Podemos xogar con vasoiras vellas que teñamos na casa. É un xogo moi antigo con dúas posibles orixes: por un lado unha orixe fenicia e por outro unha orixe pastoril ( os pastores usábano para reunir os rabaños)

PINCHA AQUÍ

E agora un grupo de nenos xogando a porca. É moi importante manter o pau pegado ao chan para que ninguén leve un golpe.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL - ZANCOS. CONSTRUCIÓN DE ZANCOS.

Vamos a ver dous vídeos que nos poden dar unha idea do fácil que é construir uns zancos na casa. Non fai falta máis ca unhas latas e varios fíos grosos para poder facelos. A súa orixe non está clara. Apareceron nos lugares onde por diferentes razóns fixeron falta para poder realizar tarefas da vida cotiá ( atravesar ríos, regatos, pantanos pequenos, para vixiar as ovellas dende unha posición máis elevada, ...).

PINCHA AQUÍ

PINCHA AQUÍ 1

E agora un vídeo no que podemos ver como desprazarnos cos zancos.

PINCHA AQUÍ

martes, 19 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - XOGOS DE GOMA 2 E 3

Sigamos con outras formas de xogar a goma.

PINCHA AQUÍ

E o último vídeo. Agora tamén xogamos cos brazos e ca cabeza.

PINCHA AQUÍ


INFANTIL E PRIMARIA - XOGO DA GOMA

Agora un xogo moi divertido. A goma. Un xogo tradicional e popular que ten moitas variantes.
Pénsase que a súa orixe foi no antiplano boliviano. Os nenos e nenas deses pobos xogaban cunha tripa de llama que colocaban entre as pernas de dous participantes mentres un terceiro saltaba e pisaba a tripa de diferentes formas.

Pero este xogo tamén apareceu noutros países do mundo: Perú, Colombia,  Estados Unidos, China, Birmania, Rusia, Italia, España, Nigeria,... polo que a súa orixe non está totalmente xustificada.

PINCHA AQUÍ

Vamos a ver algunha das súas variantes.

PINCHA AQUÍ

domingo, 17 de maio de 2020

3º A 6º PRIMARIA - XOGO DA CHAVE

Outro xogo tradicional e popular sobre todo para os nosos/as avós/avoas é o da chave. Vamos a ver varios vídeos para saber en que consiste. Parece que os primeiros en xogar poideron ser os traballadores que fixeron as vías do tren en Asturias no século XIX que utilizaban a chave de vías como obxecto ao que lanzar.

Na casa podedes usar unha botella a modo de chave e lanzarlle algún obxecto que teñades na casa que sexa brando. 


A chave ten moitas variantes e formas. Esta é outra máis das que se coñecen.

INFALTIL, 1º E 2º PRIMARIA - XOGOS TRADICIONAIS, AUTÓCTONOS E POPULARES

Agora vamos a comenzar a traballar cos xogos tradicionais, autóctonos e populares máis coñecidos. Recordade que xogo tradicional é o que se transmite de xeración en xeración (de avós a pais, de pais a netos ...) , xogos autóctonos serían os creados por algunha persoa do lugar onde se vive (neste caso os creados por persoas que viven de Galicia) e xogos populares son os que son moi coñecidos por moita xente ou os que están a ser xogados por moita xente nun momento determinado.

Moitas veces un xogo pode ser a vez tradicional, popular e incluso autóctono (aínda que saber onde se orixinou un xogo moitas veces non é tan doado).

Pero o importante para vós é xogar . Vamos a intentar xogar ao maior número destes xogos nas próximas semanas.


Un xogo tradicional e popular é o das chapas. Non podemos dicir que é autóctono de Galicia porque se xoga en moitos lugares do mundo e non se sabe onde foi a primeira vez que se xogou. Sábese que as primeiras chapas apareceron en Estados Unidos pero non onde foi o primeiro lugar onde se xogou a este xogo. 

mércores, 13 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL 7


RETO SEMANAL 7

MATERIAIS:
                               ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO 
                    
            ELABORACIÓN:
                SÓ HAI QUE TER ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO 
  
            COMO XOGAR:
                O XOGO CONSISTE EN SENTARSE NO CHAN CUN , DOUS, TRES, … ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO NA CABEZA. O QUE O FAGA CON MÁIS ROLOS GAÑA O RETO.
NON É TAN DOADO COMO PODE PARECER NUN PRINCIPIO. ESPERO QUE VOS GUSTE!!    
       

DESTA VEZ SI ME PODEDES MANDAR OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS A ESTA DIRECCIÓN
                                                               jclr@edu.xunta.es      






           

3º A 6º PRIMARIA - XOGOS CON ZANCOS. CONSTRUCIÓN DE ZANCOS

Pódense facer de moitas maneiras pero unha forma moi sinxela de facelos pode ser a que vedes neste vídeo. Tamén se pode buscar unha pola dunha árbore que teña a forma axeitada para podela usar como zanco.

PINCHA AQUÍ

E agora vamos a ver que podemos facer cos zancos. Recordade que todo é práctica e máis práctica.

PINCHA AQUÍ

1º E 2º - EXPRESIÓN CORPORAL - BAILE 3

E agora un baile para recordar. Supoño que vos gustará moito ver aos vosos compañeiros outra vez. 

PINCHA AQUÍ

INFANTIL - EXPRESIÓN CORPORAL - BAILE 8

Vamos agora a bailar como os animais do vídeo. É moi fácil. 

PINCHA AQUÍ

martes, 12 de maio de 2020

luns, 11 de maio de 2020

3º A 6º- XOGOS DE CORDA

Outro xogo tradicional e popular é o da corda. Ten moitas variantes. Aquí vouvos poñer algúns exemplos para que practiquedes na casa. Parece ser que a orixe deste xogo pode ser en  Exipto xa que no ano 1600 antes de Cristo xogaban utilizando unhas lianas para saltar.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL. 1º E 2º PRIMARIA - EXPRESIÓN CORPORAL - RITMO CON ZAPATOS

E agora un con zapatos. Intenta seguir o ritmo.

PINCHA AQUÍ

domingo, 10 de maio de 2020

3º A 6º PRIMARIA - XOGOS TRADICIONAIS, AUTÓCTONOS E POPULARES

Agora vamos a comenzar a traballar cos xogos tradicionais, autóctonos e populares máis coñecidos. Recordade que xogo tradicional é o que se transmite de xeración en xeración (de avós a pais, de pais a netos ...) , xogos autóctonos serían os creados por algunha persoa do lugar onde se vive (neste caso os creados por persoas que viven de Galicia) e xogos populares son os que son moi coñecidos por moita xente ou os que están a ser xogados por moita xente nun momento determinado.
Moitas veces un xogo pode ser a vez tradicional, popular e incluso autóctono (aínda que saber onde se orixinou un xogo moitas veces non é tan doado).
Pero o importante para vós é xogar . Vamos a intentar xogar ao maior número destes xogos nas próximas semanas.


Un xogo tradicional e popular é o das chapas. Non podemos dicir que é autóctono de Galicia porque se xoga en moitos lugares do mundo e non se sabe onde foi a primeira vez que se xogou. Sábese que as primeiras chapas apareceron en Estados Unidos pero non onde foi o primeiro lugar onde se xogou a este xogo. 


Para os que boten de menos o fútbol poden xogar a esta variante do mesmo con chapas. É moi divertido pero, como todo hai que practicar para xogar ben.

INFANTIL . 1º - 2º PRIMARIA - EXPRESIÓN CORPORAL - RITMO CON VASOIRAS

Agora un baile moi divertido cunha vasoira.

PINCHA AQUÍ

venres, 8 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL 6


RETO SEMANAL 6

MATERIAIS:
                               UNHA CAIXA DE ZAPATOS OU A TAPA DA CAIXA
                               10 TAPÓNS DE BOTELLA
                               TESOIRAS
                               1 METRO  
                          
                ELABORACIÓN:
                RECORTAR NUNHA CAIXA OU NA TAPA DA CAIXA UN FURADO DO DOBRE DE TAMAÑO COS TAPÓNS.   

                COMO XOGAR:
                O XOGO CONSISTE EN INTENTAR METER OS 10 TAPÓNS DENTRO DO FURADO FEITO NA CAIXA A UNHA DISTANCIA DE POLO MENOS 80 CM DESDE O TAPÓN E A CAIXA.


NON É TAN DOADO COMO PODE PARECER NUN PRINCIPIO. ESPERO QUE VOS GUSTE!! 

                 




    

mércores, 6 de maio de 2020

sábado, 2 de maio de 2020

3º A 6º PRIMARIA - TIPOS DE BAILE

Vamos a ver que tipos de baile podemos encontrar. Como podemos ver hai unha gran variedade. Elixe o que máis che guste.

PINCHA AQUÍ

E agora vamos a seguir os pasos dunha canción que fixemos nós na clase. Cambia un pouco os pasos pero é moi doada de realizar.
PINCHA AQUÍ

1º E 2º PRIMARIA - ZUMBA 1

Agora un poucos pasos de zumba para mover o corpo.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL - EXPRESIÓN CORPORAL - COREOGRAFÍA 1

Vamos a seguir con outra coreografía moi sinxela para a que tedes que usar cadeiras.

PINCHA AQUÍ

xoves, 30 de abril de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL 5



RETO SEMANAL 5

                 MATERIAIS:

                               PALLIÑAS OU ALGÚN BOLÍGRAFO OU ROTULADOR VELLO
                               ESCARVADENTES OU ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO
                               PAPEL OU CARTÓN
                               1 METRO       
                     
                ELABORACIÓN:
                PINTAR NUN PAPEL OU CARTÓN UNHA DIANA. 

                COMO XOGAR:
                O PRIMEIRO XOGO CONSISTE EN INTENTAR TIRAR TRES ESCARVADENTES QUE ESTARÁN COLOCADOS DIANTE DA DIANA CON SÓ 10 LANZAMENTOS.
                NO SEGUNDO XOGO PÓDESE INTENTAR LANZAR A DIANA PARA VER QUEN CONSEGUE MAIOR PUNTUACIÓN (SÓ CONTAN OS TRES MELLORES RESULTADOS QUE QUEDEN PEGADOS NA DIANA DE 10 LANZAMENTOS).
 O TERCEIRO XOGO CONSISTE EN TIRAR 6 ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO CON 10 LANZAMENTOS. 
A DISTANCIA SERÁ POLO MENOS DE 50 CM. PÓDESE COLOCAR A DIANA ENRIBA DA MESA E TIRAR SENTADOS NUNHA SILLA.

COMO PROXECTÍS TEMOS QUE COLLER PEQUENOS ANACOS DE  PAPEL E MOLLALOS ANTES DE INTRODUCILOS POLA PALLIÑA








  

  




 








mércores, 29 de abril de 2020

INFANTIL - EXPRESIÓN CORPORAL - COREOGRAFÍA

Vamos a intentar agora imitar os movementos que fan estos nenos e nenas. E unha coreografía moi sinxela.

PINCHA AQUÍ

1º E 2º PRIMARIA - ZUMBA

Como xa sabedes un dos apartados da expresión corporal son os bailes. Vamos a empezar cuns pasos de zumba moi sinxelos.

PINCHA AQUÍ

3º E 6º PRIMARIA - BAILE 3

Como xa sabedes un dos apartados da expresión corporal son os bailes. Toca agora intentar seguir os pasos que nos propoñen neste vídeo.

PINCHA AQUÍ

luns, 27 de abril de 2020

3º A 6º PRIMARIA - MIMO 1 E 2

Para entender un pouco máis que é un mimo vamos a ver un pequeno vídeo. Espero que vos guste

PINCHA AQUÍ

E tamén vamos a ver uns debuxos nos que podemos ver exemplos de como se usa o mimo para comunicarse cos demais.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL, 1º E 2º PRIMARIA - MIMO 2

Vamos a ver agora outros dous mimos. Neste caso dous pallasos que non se entenden moi ben.

PINCHA AQUÍ

venres, 24 de abril de 2020

1º E 6º PRIMARIA - EXPRESIÓN CORPORAL

Vamos a escoitar unha breve explicación do que é a expresión corporal. Só nos interesan os 2 primeiros minutos para que teñamos claro o que é. Recordade que nas nosas clase sempre vos dixen que a debemos entender como a " COMUNICACIÓN A TRAVÉS DOS XESTOS DO CORPO OU ,COMO VOS DIXEN TAMÉN MOITAS VECES, FALAR CO CORPO".

PINCHA AQUÍ

E para entendelo un pouco máis vamos a ver unha das súas disciplinas ou apartados. O mimo ou arte do silencio. Trátase de comunicar ou falar sen usar a voz. Vexamos un exemplo para que o poidamos entender un pouco mellor. 

PINCHA AQUÍ

INFANTIL - EXPRESIÓN CORPORAL

Vamos a ver un vídeo no que nos explica que é a expresión corporal e porque é tan importante. Non temos que entender todo o que nos di o vídeo  simplemente debemos saber que a expresión corporal é "FALAR CO CORPO". Cando utilizamos expresión verbal usamos a voz (os sonidos que saen da boca) e cando utilizamos a expresión corporal usamos os xestos realizados co corpo.

PINCHA AQUÍ