venres, 13 de decembro de 2013

FÚTBOL SALA MASCULINO

Tamén case todos os alumnos de ESO e tres profesores participan na competición de fútbol sala. Empezou no primeiro trimestre pero seguirá durante o segundo polo grande éxito que houbo na participación.

xoves, 12 de decembro de 2013

Atletismo ESO

Durante esta avaliación os rapaces da ESO fixemos oito xornadas de atletismo nas cales había probas moi variadas como lanzamento de peso, 1000 metros lisos ou salto de lonxitude. Os organizadores estamos moi contentos polo alto número de participantes e polo compromiso amosado por todos eles. Para o próximo ano os nosos compañeiros de 3º faranse cargo da organización dos deportes e seguro que o farán moi ben!!!
Deixámosvos unha pequena mostra de dúas probas, 400 metros vallas e salto de lonxitude!!!


Sara e Xoel


xoves, 5 de decembro de 2013

CARREIRA SOLIDARIA 2013-2014

Para conmemorar o día Internacional dos dereitos do Neno, celebramos o 26 de Novembro de 2013 a Carreira Kilómetros de Solidariedade polos nenos e nenas de ETIOPÍA. A totalidade do alumnado e do profesorado do centro participou nesta actividade. A continuación tendes unha galería de fotos sobre a actividade.

luns, 25 de novembro de 2013

ADESTRAMENTOS CAMPO A TRAVÉS

Este ano volvemos a participar con moita ilusión na competición de campo a través. Participará todo o alumnado desde 3º de primaria ata 1º ESO. Aproveitando o tempo dos recreos planificamos e levamos a cabo os adestramentos durante os meses de novembro e decembro.
Esperamos estar preparados, pasalo ben e acadar bos resultados na primeira fase do campionato!!!


venres, 15 de novembro de 2013

DÍA DO PEÓN 2013

Co obxectivo de recuperar a práctica dos xogos populares, o día 11 celebrouse, baixo a convocatoria de Brinquedia, a oitava edición do Día do Peón. Case todo o noso alumnado fixo bailar os seus peóns e agora continuarán xogando!!!

mércores, 13 de novembro de 2013

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO 2013


O día 6 de novembro celebramos o Magosto no centro!!! Aquí vos deixamos unhas imaxes dos xogos populares que organizamos e cos que o pasamos XENIAL!!!


MAGOSTO 2013 CPI PONTECARREIRA - presentacion imagenes

martes, 12 de novembro de 2013

SALTANDO Á COMBA

O outro día en clase con 4º ESO estivemos saltando á comba á vez que botabamos balóns. Finalmente, tras moito súar acadamos o reto e aquí tendes unha foto do momento:


Aproveitando que acabamos de experimentar o necesario que é ter unha grande coordinación dinámica xeral, axilidade, equilibrio, forza e resistencia para facer este exercicio físico, anímovos a ver este vídeo:


venres, 27 de setembro de 2013

FÚTBOL SALA FEMININO

Despois do grande éxito da competición de fútbol sala feminino do curso pasado, a organización decidiu  volver a plantexar esta actividade de novo. Tódalas alumnas de ESO e tres profesoras desta etapa están participando nesta modalidade deportiva e pasando un rato moi divertido e emocionante!!!

Amosávosmos a continuación unhas fotos da primeira xornada:





venres, 20 de setembro de 2013

SAÚDA DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

Ola a todos!!!!

Comezamos xuntos un novo curso escolar coa ilusión de continuar ofrecéndovos unha grande diversidade de actividades físicas e deportivas adaptadas para todas as idades; desde os máis pequenos do cole aos que damos unha calurosa benvida ata os nosos maiores de 4º ESO que veñen dispostos a deixar a súa imponta na calidade de todas as actividades físicas e deportivas que están desexando organizar para os seus compañeiros.

Este ano haberá un día semanal adicado aos xogos tradicionais e no recreo aproveitaremos para xogar cada semana a un novo xogo popular, presentado por profesores e practicado por todos os que queiran pasar un rato moi divertido!!!

En Secundaria todos veñen con moitísimas forzas e enerxías para participar nas actividades deportivas organizadas nos recreos polos alumnos de 4º ESO!!!
A continuación informámosvos da porcentaxe de alumnos e profesores que se inscribiron para participar nestas actividades:

Fútbol: 97,5% de alumnos e 46% de profesores.
Atletismo: 55% de alumnos e 8% de profesores.
Bádminton: 87,5% de alumnos e 38% de profesores.
Baloncesto: 45% de alumnos e 15% de profesores.
Rugby: 50% de alumnos e 38% de profesores.
Voleibol: 62,5% de alumnos e 23% de profesores.
Ping-pong: 60% de alumnos e 31% de profesores.

venres, 21 de xuño de 2013

Copa das Mariñas

Dous dos nosos alumnos do CPI de Pontecarreira proclamáronse o pasado día 16 de Xuño campións da Copa Das Mariñas. É o caso de Joel López e Rubén Sóñora. Ademáis da victoria, cabe destacar que Joel meteu o único gol nas semifinais, e que Rubén meteu o único gol na final, o que mostra aínda mais o incrible potencial destes xogadores. Ademais de xogar para o SD Ordes, este rapaces xogan tamén na EDM Frades, mostrando así un gran físico para aguantar o abundante número de partidos que xogan por temporada. Como non, a victoria foi ben celebrada por parte de ambos! Mirade qué foto!



Torneo Intermunicipal de Fúlbol Sala

Este pasado domingo día 9 disputáronse as semifinais e finais do "X Torneo Inter-Municipal de Fútbol Sala Base", no Concello de O Pino. O equipo de Frades na categoría cadete proclamouse campión ao vencer nas semifinais por 6-0 o Touro, e nas finais a EDA Arzúa por un 4-3, (no que disputaron un grandísimo encontro). Houbo entrega de trofeos e medallas para tódolos participantes. Asi mesmo, o equipo de Frades contou tódalas súas participacións por victorias ó longo de toda a tempada, tanto na liga de Deporte Escolar como neste torneo. Unha campaña irrepetible para estas EDM de Fútbol Sala na categoría cadete, no que xogadores, técnico e afición foron os responsables deste enorme éxito.






luns, 17 de xuño de 2013

Fútbol-sala ESO

Nos meses de maio e xuño fixemos unha liga de fútbol-sala masculino e feminino. O desgaste físico e psicolóxico desenvolto ao longo dos meses polos participantes foron factores clave para o nivel acadado no campionato interescolar.

Rubén e Samuel


domingo, 16 de xuño de 2013

Fútbol sala feminino

Aquí vos deixamos un vídeo da grande calidade que teñen as nosas xogadoras (e, como non, tamén os nosos xogadores; non vos poñades celosos, chicos), con este vídeo do bonito gol de Cristina de 4º ESO.


martes, 11 de xuño de 2013

Deportes 3º Trimestre

     Como non podería ser doutra forma o alumnado de primaria tamén realizou ao longo do curso, e con maior intensidade neste último trimestre, actividades deportivas. O deporte con máis adeptos foi o fútbol-sala. Como podedes apreciar nas fotos no noso colexio todos xogan por igual. Nenos e nenas divírtense xuntos porque decatáronse de que cantos máis son mellor o pasan e de que todos podemos xogar porque todos somos importantes dentro de calquer deporte.

Xogos de mesa.

Durante o curso, e neses días nos que as condicións metereolóxicas só aconsellan estar dentro nas aulas,  o alumnado deste ciclo participou nunha serie de xogos de mesa dentro da aula se psicomotricidade. Como podemos ver todos encontran algunha actividade do seu agrado xa que a oferta de xogos foi moi variada.


luns, 15 de abril de 2013

Actividades realizadas nos recreos de Infantil e Primaria

Ó longo do curso o alumnado de Primaria e Infantil fixo moitas actividades físicas, deportes e xogos tradicionais nos tempos de lecer. Aquí tendes unha pequena mostra!


mércores, 3 de abril de 2013

Vídeo Acrosport

Aquí vos deixamos unha fermosa coreografía de Acrosport feita polo alumnado de 4º ESO


Acrosport 4º ESO

O alumnado de 4º ESO estivo traballando no mes de marzo a Unidade Didáctica de pirámides humanas ou Acrosport na que, entre moitas outras cousas, é necesaria unha grande colaboración e coordinación entre todos os membros do grupo. Grazas á gran cooperación que este grupo está afeito a realizar cada día, aquí vos deixo unhas imaxes das fantásticas figuras que realizaron!

María Roca

venres, 22 de marzo de 2013

Deportes 2ª Trimestre


Dentro do grupo de actividades que se realizaron durante a segunda avaliación debemos destacar Baloncesto que constou de tres grupos formado polos alumnos e profesores. Xogáronse unha serie de partidos para que dous lograsen chegar a final. Os gañadores foron os compoñentes do Equipo C. Queremos dar as grazas a todos aqueles que participaron en Baloncesto.

Ramón

A continuación amosamos unhas fotos de baloncesto e Rugby, deporte no que participaron 3 equipos que competiron en todo momento con xogo limpo.


Tamén xogamos unha serie de partidos de Pimpóm, cun gran número de participantes. Nun principio tíñanse pensado disputar un total de 54, pero non se realizaron todos por falta de tempo, quedando o número de partidos reducido a 20. Cabe destacar a deportividade que tiveron todos os deportistas, xa que non se produciu ningunha trifulca antideportiva en todo o campionato. Esperemos que en edicións próximas se inscriban moitos máis alumnos para poder disfrutar moito máis deste modesto deporte.

Rubén e Samuel

O derradeiro día do trimestre fixemos unha entrega de premios aos participantes, dirixida e presentada polos  organizadores dos campionatos. Mirade as caras de satisfacción dos agasallados!


Carreira solidaria

Para conmemorar o día Internacional dos dereitos do Neno, celebramos o 23 de Novembro de 2012 a Carreira Kilómetros de Solidariedade polos nenos e nenas de Níxer. A totalidade do alumnado e do profesorado do centro participou nesta actividade. A continuación tendes unha galería de fotos sobre a actividade.


Magosto e Xogos Populares

MAGOSTO. XORNADA DE XOGOS POPULARES.



DÍA DO PEÓN


Deportes 1ª Trimestre

E como outro ano máis, os alumnos de 4º de E.S.O. decidiron organizar os deportes nos que a maioría do centro o puido pasar ben. Destacou o bádminton, unha actividade na que competiron moi seriamente e na que sobretodo disfrutaron moito.

Ao longo destas xornadas, os equipos foron avanzando ata chegar á final,esa na que dous dos mellores "grupos" se poideron enfrontar.

Por último, en nome dos alumnos de 4º, queremos animarvos a todos a seguir participando. 

A continuación vos amosamos unhas fotos para que nos vexades en acción!!!

Sara, Lydia e Iria



Durante o primeiro trimeste un dos dous deportes realizados foi o atletismo, deporte no cal se realizaron distintas probas cada martes. Aínda que durante este periodo houbo uns cantos "erros técnicos" como: a eliminación dalgúns participantes da actividade, ou a mala organización por parte tanto dos participantes como dos "administradores". A pesar de non realizar todas as probas, o resultado foi moi satisfactorio, saindo como campión Joel López Pereiro de 3º ESO. A entrega de premios tivo lugar ó final do trimestre, regalando, tanto ós vencedores como ós demáis participantes, unhas moedas de chocolate.

Pablo 4º ESO

Atletismo

E como non,  despois do esforzo... chegou a recompensa e os participantes foron agasallados cuns premios que entregaron os organizadores dos campionatos. A continuación tendes unhas imaxes da ceremonia de entrega!


Actividades realizadas ao longo do curso


Ao longo deste curso, como en anos anteriores, o alumnado e o profesorado de Secundaria está a participar en Competicións Deportivas nos recreos organizados polo alumnado de 4ºESO coa colaboración do profesorado de tódolos Departamentos, cunha mención especial aos de EF, Bioloxía, Música, Tecnoloxía, Física e Plástica. Pola súa banda, os máis pequenos do centro tamén realizan xogos e actividades deportivas nos periodos de lecer acompañados e coa colaboración do profesorado e do persoal de garda. 
A continuación introduciremos entradas de cada unha das actividades físico-deportivas que estamos a desenvolver!!! 
Agardamos que vos gusten!!!



xoves, 21 de marzo de 2013

Comezamos a carreira de relevos...

Ola a todos!!!

Con moitísima ilusión, no día de hoxe botamos a andar este blogue sobre as actividades físicas e deportivas que se realizan no noso centro!!!

Desde algunhas das actuacións máis salientables dos alumnos nas clases de Educación Física (EF) ata as actividades que realizamos nos recreos, pasando polos méritos deportivos tanto do alumnado como do profesorado e, como non, tódalas novas que se consideren de interese.

Todos participaremos nunha carreira de relevos para desenvolver este blogue: agardamos as vosas contribucións para ir medrando pouco a pouco e animámosvos a que participedes activamente nel por medio dos comentarios e mandando novas para a súa publicación á seguinte dirección: efpontecarreira@gmail.com

Moitas grazas por anticipado e benvidos!!!