domingo, 31 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - A PETANCA

Agora toca un xogo que seguro vistes practicar algunha vez. A petanca. É un xogo tradicional e que foi moi popular. Hoxe en día estase a recuperar a súa popularidade e en moitos paises hai competicións nacionais e internacionais polo que xa se considera un auténtico deporte.
A petanca tal e como a coñecemos hoxe ven da expresión “Pieds Tanquees”, e dicir, pés quedos , porque se conta que na Provenza un xogador de bolas perdeu as súas pernas nun accidente e o seu irmán que tamén era xogador propúxolle unha partida sen impulso nun terreo máis corto. A proposta foi un éxito e desde entón xogamos desa forma.

PINCHA AQUÍ

venres, 29 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL 9


RETO SEMANAL 9
    
    MATERIAIS:
                1, 2 OU 3 MOEDAS GRANDES IGUAIS   

                ELABORACIÓN:
                SÓ HAI QUE TER UN ESPAZO GRANDE E LIBRE DE OBSTÁCULOS

                COMO XOGAR:
                O XOGO CONSISTE EN POÑER 1, 2 OU 3 MOEDAS GRANDES IGUAIS NA PARTE DO DORSO DA MAN. DESPOIS HAI QUE IMPULSALAS CARA ARRIBA E COLLELAS CA PALMA DA MAN ANTES DE QUE CAIAN NO CHAN. COMEZADE CUNHA MOEDA SOA, NON EMPECEDES CAS 3 A PRIMEIRA VEZ.

NON É TAN DOADO COMO PODE PARECER NUN PRINCIPIO. ESPERO QUE VOS GUSTE!!    
  
DESTA VEZ SI ME PODEDES MANDAR OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS A ESTA DIRECCIÓN 
                                                                 jclr@edu.xunta.es 




                                                                              

xoves, 28 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - A ESTORNELA OU BILLARDA

Agora tócalle a outro xogo que tamén foi moi practicado polos nosos avós e bisavós. É un xogo que só precisa de dous paus. O pau grande ou palán e o pau pequeno ou estornala / billarda. Hai que practicar moito pero, ca práctica é moi divertido. É un xogo con orixes na idade media e é autóctono de Galicia. Un xogo que naceu aquí e que formará para sempre parte da nosa cultura.

PINCHA AQUÍ

martes, 26 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - AS 7 E MEDIA

Non se trata do xogo de cartas que todos coñecemos pero, as regras son moi semellantes. É un xogo que tamén se está esquecendo pero, que formou parte da nosa cultura. 

PINCHA AQUÍ

INFANTIL E PRIMARIA - O ARO

O xogo do aro foi moi practicado polos nosos avós e bisavós fai moito tempo. Este xogo estase a esquecer xa que deixou de transmitirse de xeración en xeración. Comeza tamén a ser un xogo descoñecido por moitos polo que temos que intentar extender o coñecemento da súa esistencia a maior cantidade de persoas posible. A nosa cultura non se debe perder!!
Parece que a súa orixe procede da antiga Grecia no que se xogaba a este xogo como unha forma de realizar o que eles chamaban exercicio hixiénico.

venres, 22 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - A MARIOLA

Vamos a ver agora un xogo tradicional que é  moi popular en Galicia. O xogo da mariola. A mariola é un xogo moi fácil de xogar que esixe un pouco de equilibrio e coordinación para poder facer ben os saltos nos distintos espazos que presenta. Pode ter moitas formas pero, as regras son prácticamente iguais en todas elas. Parece que o seu orixe xa data da época dos romanos xa que apareceron nalgúns fosos romanos algunhas representacións deste xogo.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL 8



RETO SEMANAL 8

    MATERIAIS:
                SALTO DESDE POSICIÓN DE XEONLLOS    
            
                ELABORACIÓN:
                SÓ HAI QUE TER UN ESPAZO GRANDE E LIBRE DE OBSTÁCULOS

                COMO XOGAR:
                O XOGO CONSISTE EN POÑERSE DE PÉ DESDE A POSICIÓN DE XEONLLOS. OS PÉS TEÑEN QUE ESTAR TOTALMENTE ESTIRADOS PEGADOS AO CHAN. O ALUMNADO DE INFANTIL PODE APOIAR AS PUNTAS DOS PÉS PARA INTENTALO.

NON É TAN DOADO COMO PODE PARECER NUN PRINCIPIO. ESPERO QUE VOS GUSTE!!    
       

DESTA VEZ SI ME PODEDES MANDAR OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS A ESTA DIRECCIÓN
                                                               jclr@edu.xunta.es       



           

xoves, 21 de maio de 2020

PRIMARIA - XOGO DA PORCA

Agora un xogo tradicional e popular nalgúns lugares de Galicia. O xogo da porca. Podemos xogar con vasoiras vellas que teñamos na casa. É un xogo moi antigo con dúas posibles orixes: por un lado unha orixe fenicia e por outro unha orixe pastoril ( os pastores usábano para reunir os rabaños)

PINCHA AQUÍ

E agora un grupo de nenos xogando a porca. É moi importante manter o pau pegado ao chan para que ninguén leve un golpe.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL - ZANCOS. CONSTRUCIÓN DE ZANCOS.

Vamos a ver dous vídeos que nos poden dar unha idea do fácil que é construir uns zancos na casa. Non fai falta máis ca unhas latas e varios fíos grosos para poder facelos. A súa orixe non está clara. Apareceron nos lugares onde por diferentes razóns fixeron falta para poder realizar tarefas da vida cotiá ( atravesar ríos, regatos, pantanos pequenos, para vixiar as ovellas dende unha posición máis elevada, ...).

PINCHA AQUÍ

PINCHA AQUÍ 1

E agora un vídeo no que podemos ver como desprazarnos cos zancos.

PINCHA AQUÍ

martes, 19 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - XOGOS DE GOMA 2 E 3

Sigamos con outras formas de xogar a goma.

PINCHA AQUÍ

E o último vídeo. Agora tamén xogamos cos brazos e ca cabeza.

PINCHA AQUÍ


INFANTIL E PRIMARIA - XOGO DA GOMA

Agora un xogo moi divertido. A goma. Un xogo tradicional e popular que ten moitas variantes.
Pénsase que a súa orixe foi no antiplano boliviano. Os nenos e nenas deses pobos xogaban cunha tripa de llama que colocaban entre as pernas de dous participantes mentres un terceiro saltaba e pisaba a tripa de diferentes formas.

Pero este xogo tamén apareceu noutros países do mundo: Perú, Colombia,  Estados Unidos, China, Birmania, Rusia, Italia, España, Nigeria,... polo que a súa orixe non está totalmente xustificada.

PINCHA AQUÍ

Vamos a ver algunha das súas variantes.

PINCHA AQUÍ

domingo, 17 de maio de 2020

3º A 6º PRIMARIA - XOGO DA CHAVE

Outro xogo tradicional e popular sobre todo para os nosos/as avós/avoas é o da chave. Vamos a ver varios vídeos para saber en que consiste. Parece que os primeiros en xogar poideron ser os traballadores que fixeron as vías do tren en Asturias no século XIX que utilizaban a chave de vías como obxecto ao que lanzar.

Na casa podedes usar unha botella a modo de chave e lanzarlle algún obxecto que teñades na casa que sexa brando. 


A chave ten moitas variantes e formas. Esta é outra máis das que se coñecen.

INFALTIL, 1º E 2º PRIMARIA - XOGOS TRADICIONAIS, AUTÓCTONOS E POPULARES

Agora vamos a comenzar a traballar cos xogos tradicionais, autóctonos e populares máis coñecidos. Recordade que xogo tradicional é o que se transmite de xeración en xeración (de avós a pais, de pais a netos ...) , xogos autóctonos serían os creados por algunha persoa do lugar onde se vive (neste caso os creados por persoas que viven de Galicia) e xogos populares son os que son moi coñecidos por moita xente ou os que están a ser xogados por moita xente nun momento determinado.

Moitas veces un xogo pode ser a vez tradicional, popular e incluso autóctono (aínda que saber onde se orixinou un xogo moitas veces non é tan doado).

Pero o importante para vós é xogar . Vamos a intentar xogar ao maior número destes xogos nas próximas semanas.


Un xogo tradicional e popular é o das chapas. Non podemos dicir que é autóctono de Galicia porque se xoga en moitos lugares do mundo e non se sabe onde foi a primeira vez que se xogou. Sábese que as primeiras chapas apareceron en Estados Unidos pero non onde foi o primeiro lugar onde se xogou a este xogo. 

mércores, 13 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL 7


RETO SEMANAL 7

MATERIAIS:
                               ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO 
                    
            ELABORACIÓN:
                SÓ HAI QUE TER ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO 
  
            COMO XOGAR:
                O XOGO CONSISTE EN SENTARSE NO CHAN CUN , DOUS, TRES, … ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO NA CABEZA. O QUE O FAGA CON MÁIS ROLOS GAÑA O RETO.
NON É TAN DOADO COMO PODE PARECER NUN PRINCIPIO. ESPERO QUE VOS GUSTE!!    
       

DESTA VEZ SI ME PODEDES MANDAR OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS A ESTA DIRECCIÓN
                                                               jclr@edu.xunta.es      






           

3º A 6º PRIMARIA - XOGOS CON ZANCOS. CONSTRUCIÓN DE ZANCOS

Pódense facer de moitas maneiras pero unha forma moi sinxela de facelos pode ser a que vedes neste vídeo. Tamén se pode buscar unha pola dunha árbore que teña a forma axeitada para podela usar como zanco.

PINCHA AQUÍ

E agora vamos a ver que podemos facer cos zancos. Recordade que todo é práctica e máis práctica.

PINCHA AQUÍ

1º E 2º - EXPRESIÓN CORPORAL - BAILE 3

E agora un baile para recordar. Supoño que vos gustará moito ver aos vosos compañeiros outra vez. 

PINCHA AQUÍ

INFANTIL - EXPRESIÓN CORPORAL - BAILE 8

Vamos agora a bailar como os animais do vídeo. É moi fácil. 

PINCHA AQUÍ

martes, 12 de maio de 2020

luns, 11 de maio de 2020

3º A 6º- XOGOS DE CORDA

Outro xogo tradicional e popular é o da corda. Ten moitas variantes. Aquí vouvos poñer algúns exemplos para que practiquedes na casa. Parece ser que a orixe deste xogo pode ser en  Exipto xa que no ano 1600 antes de Cristo xogaban utilizando unhas lianas para saltar.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL. 1º E 2º PRIMARIA - EXPRESIÓN CORPORAL - RITMO CON ZAPATOS

E agora un con zapatos. Intenta seguir o ritmo.

PINCHA AQUÍ

domingo, 10 de maio de 2020

3º A 6º PRIMARIA - XOGOS TRADICIONAIS, AUTÓCTONOS E POPULARES

Agora vamos a comenzar a traballar cos xogos tradicionais, autóctonos e populares máis coñecidos. Recordade que xogo tradicional é o que se transmite de xeración en xeración (de avós a pais, de pais a netos ...) , xogos autóctonos serían os creados por algunha persoa do lugar onde se vive (neste caso os creados por persoas que viven de Galicia) e xogos populares son os que son moi coñecidos por moita xente ou os que están a ser xogados por moita xente nun momento determinado.
Moitas veces un xogo pode ser a vez tradicional, popular e incluso autóctono (aínda que saber onde se orixinou un xogo moitas veces non é tan doado).
Pero o importante para vós é xogar . Vamos a intentar xogar ao maior número destes xogos nas próximas semanas.


Un xogo tradicional e popular é o das chapas. Non podemos dicir que é autóctono de Galicia porque se xoga en moitos lugares do mundo e non se sabe onde foi a primeira vez que se xogou. Sábese que as primeiras chapas apareceron en Estados Unidos pero non onde foi o primeiro lugar onde se xogou a este xogo. 


Para os que boten de menos o fútbol poden xogar a esta variante do mesmo con chapas. É moi divertido pero, como todo hai que practicar para xogar ben.

INFANTIL . 1º - 2º PRIMARIA - EXPRESIÓN CORPORAL - RITMO CON VASOIRAS

Agora un baile moi divertido cunha vasoira.

PINCHA AQUÍ

venres, 8 de maio de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL 6


RETO SEMANAL 6

MATERIAIS:
                               UNHA CAIXA DE ZAPATOS OU A TAPA DA CAIXA
                               10 TAPÓNS DE BOTELLA
                               TESOIRAS
                               1 METRO  
                          
                ELABORACIÓN:
                RECORTAR NUNHA CAIXA OU NA TAPA DA CAIXA UN FURADO DO DOBRE DE TAMAÑO COS TAPÓNS.   

                COMO XOGAR:
                O XOGO CONSISTE EN INTENTAR METER OS 10 TAPÓNS DENTRO DO FURADO FEITO NA CAIXA A UNHA DISTANCIA DE POLO MENOS 80 CM DESDE O TAPÓN E A CAIXA.


NON É TAN DOADO COMO PODE PARECER NUN PRINCIPIO. ESPERO QUE VOS GUSTE!! 

                 




    

mércores, 6 de maio de 2020

sábado, 2 de maio de 2020

3º A 6º PRIMARIA - TIPOS DE BAILE

Vamos a ver que tipos de baile podemos encontrar. Como podemos ver hai unha gran variedade. Elixe o que máis che guste.

PINCHA AQUÍ

E agora vamos a seguir os pasos dunha canción que fixemos nós na clase. Cambia un pouco os pasos pero é moi doada de realizar.
PINCHA AQUÍ

1º E 2º PRIMARIA - ZUMBA 1

Agora un poucos pasos de zumba para mover o corpo.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL - EXPRESIÓN CORPORAL - COREOGRAFÍA 1

Vamos a seguir con outra coreografía moi sinxela para a que tedes que usar cadeiras.

PINCHA AQUÍ