xoves, 16 de abril de 2015




Xa está aquí a II CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO CONCELLO DE FRADES. Animámosvos a que volvades a participar outra vez como no ano anterior nesta gran festa do deporte. Recordando sempre que o máis importante é participar.


Dende o Departamento de Educación Física do centro estamos axudando para que todos e todas participedes nesta festa do deporte. Esperamos vervos alí para gozar dunha experiencia inesquecible.

mércores, 4 de febreiro de 2015

venres, 30 de xaneiro de 2015

Fotos da fase zonal en Santiago

O pasado día 24 participamos nunha xornada de atletismo na Alameda de Santiago. Foi unha actividade moi positiva, na que o esforzo, a cooperación, a axuda mutua e o xogo limpo estivo presente.
Tódolos participantes, profesores e os familiares que nos acompañaron pasamos un día moi divertido!


Ademáis, as nenas de 2º ESO acadaron o 3º posto na clasificación por equipos da categoría cadete. Aquí as tendes recollendo o trofeo e as medallas:

mércores, 28 de xaneiro de 2015

O fútbol feminino move masas en Frades

Xa pasou un mes desde que se publicou en La Voz de Galicia, pero paga a pena botarlle un vistazo á seguinte ligazón:

Fútbol feminino en Frades

xoves, 22 de xaneiro de 2015

24 de Xaneiro - Fase zonal de Campo a Través en Santiago

O vindeiro sábado 35 atletas do noso centro competirán na fase zonal de Santiago. Agardamos que o fagan o mellor posible e que desfruten moito da experiencia!!!

Moito Ánimo!!!

A continuación, tendes un enlace no que podedes consultar os participantes na carreira:

http://www.fgatletismo.es/santiago/


E aquí tendes a normativa da fase zonal:

https://drive.google.com/file/d/0B7KJCABNwdj0X2k2bzV2Wl9CdTg/view?usp=sharing

mércores, 31 de decembro de 2014

CAMPO A TRAVÉS PRÉSARAS 2014

CAMPO A TRAVÉS
Outro ano máis o noso alumnado participou na actividade de Campo a través pero, como non podía ser de outra forma debido a súa preparación e interese, este ano conseguiron ter maior éxito que no ano anterior.             
                Este ano competiron en Présaras en lugar de Touro e en vista dos seus resultados foi unha boa decisión. Cabe destacar:
. O primeiro posto de  Enma (alumna de 4º de EP ) grazas ao cal se clasifica para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O 5º posto de Ángel ( alumno de 4º de EP ) e os bos resultados do grupo de alevín masculino (Matías, Ángel, Hugo, Xoel, José e David de 4º e 5º de EP ) grazas ao cal se clasificaron para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O primeiro posto de Lucía , o segundo de Judith, o terceiro de Alba ( alumnas de 1º da ESO ) e o 6º de Nuria ( alumna de 6º de primaria) e os bos resultados do grupo de infantil feminino ( Lucía, Judith, Alba, Nuria, Lorena e Paula “ as dúas alumnas de 5º de EP”) grazas ao cal tamén se clasificaron para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O segundo posto de Carlos e o terceiro de Rubén ( alumnos de 6º da EP ) grazas ao cal tamén se clasificaron para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O 4º posto de ALBA e o 5º posto de Lorena ( alumnas de 2º de ESO ) e os bos resultados do grupo de cadete feminino ( Alba, Lorena,  Rita, Ángela e Sara de 2º de ESO ) grazas ao cal se clasificaron para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O primeiro posto de Marcial , o segundo de Alejandro, o terceiro de Jesús, o cuarto de Gonzalo , o quinto de Santiago e o 6º de Manuel ( alumnos de 2º da ESO) polo que quedan clasificados automaticamente na categoría cadete masculino para a seguinte fase en Santiago de Compostela.

 Animámosvos a que os vaiades ver o día 24 de xaneiro do 2015 na Alameda de Santiago de Compostela pola mañá.   
                Para os que non conseguiron clasificarse moitas grazas por participar.

E xa sabedes, adestrando todo é posible!!

martes, 25 de novembro de 2014

Carreira Solidaria 2014

Para conmemorar o día Internacional dos dereitos do Neno, o 20 de Novembro de 2014, celebramos a Carreira Kilómetros de Solidariedade polos nenos e nenas de MALÍ. A totalidade do alumnado e do profesorado do centro participou nesta actividade. A continuación tendes unha galería de fotos sobre a actividade.