Tamén case todos os alumnos de ESO e tres profesores participan na competición de fútbol sala. Empezou no primeiro trimestre pero seguirá durante o segundo polo grande éxito que houbo na participación.
venres, 13 de decembro de 2013
xoves, 12 de decembro de 2013
Atletismo ESO
Durante esta avaliación os rapaces da ESO fixemos oito xornadas de atletismo nas cales había probas moi variadas como lanzamento de peso, 1000 metros lisos ou salto de lonxitude. Os organizadores estamos moi contentos polo alto número de participantes e polo compromiso amosado por todos eles. Para o próximo ano os nosos compañeiros de 3º faranse cargo da organización dos deportes e seguro que o farán moi ben!!!
Deixámosvos unha pequena mostra de dúas probas, 400 metros vallas e salto de lonxitude!!!
Sara e Xoel
xoves, 5 de decembro de 2013
CARREIRA SOLIDARIA 2013-2014
Para conmemorar o día Internacional dos dereitos do Neno, celebramos o 26 de Novembro de 2013 a Carreira Kilómetros de Solidariedade polos nenos e nenas de ETIOPÍA.
A totalidade do alumnado e do profesorado do centro participou nesta
actividade. A continuación tendes unha galería de fotos sobre a
actividade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)