mércores, 21 de decembro de 2016

CAMPO A TRAVÉS EN PRÉSARAS 2016

Que día tan especial!. Moitos dos nosos nenos e nenas clasificáronse para a fase seguinte pero, o máis importante é que todos nos divertimos facendo deporte. Foi un día para coñecer outros nenos e nenas doutros colexios. Un día que non esqueceremos en moito tempo!

luns, 19 de decembro de 2016

BÁDMINTON 2K16

 Este 2016 os alumnos de 4º de ESO organizamos este deporte durante a primeira avaliación nos recreos. Os resultados foron óptimos, xa que conseguimos que se apuntaran  o  98% do alumnado e o 30% do profesorado. 
Como recompensa imos dar un agasaio a todos os participantes, dar as gracias a todos aqueles que axudaron a conseguir que se poidese realizar e aos participantes por traer o material, roupa axeitada e polo bo comportamento.
                                     
                                         Andrea, Alba e Marcial.

domingo, 11 de decembro de 2016

CARREIRA SOLIDARIA 2016-2017

O día 30 de novembro todos participamos na carreira solidaria a favor da ONG Save the Children!!! Parabéns e moitas gracias a todos os participantes nesta carreira tan especial!!!
Outro ano máis participamos na XIII carreira solidaria para recadar cartos para axudar a ONG SAVE THE CHILDREN. Moitas grazas a todos por participar e por contribuír a axudar aos nenos e nenas tan necesitados do mundo.

(clika na imaxe e verás moitas, moitas fotiños)

domingo, 27 de novembro de 2016

MAGOSTO


Outro ano máis de festa celebrando o magosto no colexio. Fixemos un montón de xogos no que o pasamos realmente ben. Pequenos e maiores gozamos dun día de risas e diversións. Que cortiño se nos fixo este día.










Pasámolo xenial!!


domingo, 13 de novembro de 2016

Día do Peón 2016

O día 11 de novembro conmemoramos o día do peón e pasámolo en grande xogando a este xogo tradicional!!! Comprobádeo desfrutando coa seguinte reportaxe!!! 

mércores, 26 de outubro de 2016

Comezando o proxecto do horto

         Durante este curso participaremos nun proxecto sobre a temática da agricultura ecolóxica. Así comezamos...



martes, 27 de setembro de 2016

SOMOS UN CENTRO ACTIVO E SAUDABLE!!!

Ola a todos!!!

Comezamos xuntos un novo curso escolar coa ilusión de continuar ofrecéndovos unha grande diversidade de actividades físicas e deportivas adaptadas para todas as idades; desde os máis pequenos do cole aos que damos a benvida ata os nosos maiores de 4º ESO que están desexando organizar para os seus compañeiros moitas actividades físicas e deportivas.

O pasado mes de xuño publicamos os resultados das vosas positivas valoracións  das actividades que realizamos no noso proxecto deportivo e pensamos que é importante que sigades participando nalgunha actividade extraescolar relacionada coa actividade física e deportiva e realizando tanta actividade física como ata agora!!!

Animádevos a inscribirvos en actividades organizadas pola ANPA ou polo Concello de Frades!!!

En tódolos tempos de lecer teredes materiais deportivos á vosa disposición para estar xogando sen parar!!!

En Secundaria todos veñen con moitísimas forzas e enerxías para participar nas actividades deportivas organizadas nos recreos polos alumnos de 4º ESO!!!

Para rematar, informarvos de que este ano seguiremos a participar dentro do Plan Proxecta, no programa DAFIS, co obxectivo principal de utilizar uns protocolos estandarizados de valoración da condición física saudable para medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde. Asemade, nos permitirá coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Tamén seguiremos competindo en XOGADE na modalidade de campo a través. Este ano a fase local realizarémola en  Présaras a principios do mes de decembro.

Como novidade, este curso plantemos o noso propio HORTO, o cal unido ao programa Aliméntate ben, que xa viña desenvolvéndose no centro desde hai uns anos, nos permitirá profundizar no tema da alimentación saudable!!!

mércores, 29 de xuño de 2016

Valoración do PDC e DAFIS polo alumnado

Durante os catro últimos cursos no CPI Ponte Carreira estamos a participar no Plan Proxecta, iniciando este ano o programa DAFIS (valoración da condición física saudable), actividade que se inclúe no noso Proxecto Deportivo de Centro (PDC), no que participaron activamente 5 membros do profesorado e coa participación de todo o alumnado (especialmente o de 4º ESO colaborando na organización). Para poder desenvolver con éxito as actividades incluídas no PDC, contamos coa inestimable cooperación dunha altísima porcentaxe de profesorado e persoal de administración e servizos. Salientar tamén que un ano máis temos participado en Xogade na modalidade de campo a través.  
         O alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso CPI, cubriu un cuestionario que se lle pasou co obxectivo de valorar o grao de satisfacción coas actividades desenvolvidas dentro do PDC.

        A valoración das actividades resulta ser positiva, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria. 

        Pincha na seguinte foto e atoparás un documento con gráficos dos resultados obtidos:



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!

BO VERÁN E PRACTICADE MOITA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA!!!!!!!

mércores, 1 de xuño de 2016

Mapa dos recursos deportivos do concello de Frades:

Aquí vos deixo unha foto do mapa do concello de Frades coa información sobre os recursos deportivos dos que dispoñemos os habitantes do concello. En cada parroquia encontraredes o nome das instalacións que hai, cos materiais de que dispoñen cada unha.

Por último quero agradecer a todos os rapaces que me axudaron a realizar o inventario do material das instalacións que a min non me quedaban cerca, eles foron quen mo dixeron para poder realizar o traballo, Estes son: Lucía (Frades), Nicolás (Gafoi), Rita (Ledoira), Andrea López (Papucín), Marta (Moar), Samuel (Abellá), Yago Botana (Añá), Sara (Mesos e Galegos) e Vitre e Céltigos consulteino eu mesmo. 

ASÍ XA NON TEDES EXCUSA PARA NON PRACTICAR DEPORTE!!!

Diego Bodelo López.

PINCHADE NO MAPA E PODEREDES VELO MÁIS GRANDE!!!


mércores, 18 de maio de 2016

FLOORBALL 2016

Este ano poñemos en práctica un novo deporte, o floorball, e ten unha grande participación, contando con 34 xogadores, de toda a ESO e profesores. Faremos un total de cinco xornadas e formamos 6 equipos. Os participantes xogan con moito entusiasmo e aqueles que non se apuntaron este ano desexan facelo para o vindeiro ano.

Queremos facer unha mención especial a Diego, que pola súa lesión non pode participar, mais colabora coa organización con ímpetu.

Os organizadores queremos agradecervos a participación neste deporte!!!

Joel e Yago V.

A continuación, amosámosvos unhas fotos dun partido:


Baloncesto 15/16

Este ano o baloncesto conseguiu unha gran aceptación no noso centro, chegando a contar con 20 participantes do alumnado e 3 do profesorado.

Logramos crear catro franquicias, compostas todas de seis xogadores agás unha.

O calendario repartiuse en tres xornadas, e estivo ben xestionado, pois acabamos sen ningún xogador expulsado por non traer a roupa que require o deporte.

Os participantes estan agradecidos de que lles brindasemos esta oportunidade para coñecer un deporte ao que moitos dos xogadores lles resultaba indiferente, pero que acabou gustándolles e disfrutárono ao máximo, ao mesmo tempo que descubrían o seu regulamento.

Joel e Yago V.

A clasificación final foi a seguinte:


luns, 16 de maio de 2016

DATOS DE DAFIS DO NOSO ALUMNADO DE 8 A 15 ANOS

Este curso participamos por vez primeira en DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Este programa aparece para facilitarnos aos profesores a valoración da condición física dos nosos alumnos e no noso CPI estamos a desenvolvelo dentro do Plan Proxecta. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade, axilidade-velocidade) e permite coñecer en qué estado físico se atopa un alumno para decidir cales son os aspectos que necesitan melloras e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

A continuación publicamos un documento no que aparecen os resultados por idade e sexo en cada unha das probas físicas e no IMC. As cores verdes indican que os valores se corresponden cunha condición física saudable e as cores vermellas nos avisan que debemos mellorar nesas cualidades físicas. En cada unha das probas podemos comparar tamén os resultados coa mediana en Galicia.

Como fixemos a edición desde un documento PDF a Word, aparece algún fallo de formato que non puidemos solucionar. Ademais, queremos indicar aquí que na táboa de 11 anos non hai ningún resultado masculino nin na de 15 anos ningún feminino, polo que as cores existentes non equivalen a ningún valor nas probas.

En xeral, estamos contentos cos resultados obtidos polo noso alumnado e animámosvos a seguir practicando moita actividade física e deportiva para manternos nesta liña ou mellorar para o vindeiro ano!!!

domingo, 8 de maio de 2016

Os nosos atletas na III CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES

Xa terminou a carreira e estamos moi contentos xa que a participación do noso alumnado foi moi grande nesta festa do deporte. Moitos dos nosos alumnos e alumnas foron gañadores nas diferentes categorías pero, o máis importante é que todos se divertiron neste día especial no que facer exercicio foi o eixe principal da actividade. Grazas a todos por participar e vémonos todos para o ano seguinte na próxima convocatoria.

mércores, 4 de maio de 2016

CAROLINA MARÍN, campeona de europa por segunda vez

Carolina Marín acadou por segunda vez a medalla de ouro no campionato de Europa. A onubense venceu á escocesa Kirty Gilmour (21-12 y 21-18, en 43 minutos) nunha final en que a española foi insuperable para a súa rival. Un título que se suma dous anos despois de seu primeiro campionato continental, o de Kazan 2014, que significou a explosión desta xogadora que, dúas tempadas despois, é unha das mellores raquetas do mundo e firme candidata ao ouro olímpico en Río.

luns, 25 de abril de 2016

III Carreira pedestre popular Concello de Frades

Xa chegou a III CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO CONCELLO DE FRADES. Como en anos anteriores pedimos a máxima colaboración de todo o alumnado do centro nesta actividade. Que todo o mundo saiba que ao alumnado do CPI PONTE CARREIRA lle gusta facer deporte. Ánimo a todos e que o pasedes ben neste día grande do deporte!

xoves, 21 de abril de 2016

Javier Fernandez, campeón do mundo de patinaxe sobre xeo

O día 4 deste mes, o grande patinador español Javier Fernández agrandou a súa lenda tras acadar o ouro no Mundial de patinaxe artístico de Boston coa que sumou a súa oitava medalla internacional ao longo da súa carreira. Fernández flotou sobre a pista do pavillón City Garden de Boston, onde superou ao grande favorito, o xaponés Yuzuru Hanyu, que tivo que conformarse coa segunda posición tras os programas corto e libre. Ademais, este deportista acadou o pasado martes, dia 19, a medalla de ouro ao mérito deportivo. Se premes na seguinte foto, verás o vídeo do máis destacado deste segundo mundial:

http://rtve.es/v/3553385


 E se queredes desfrutar do seu exercicio completo, está nesta espectacular foto:

http://rtve.es/v/3550518

domingo, 17 de abril de 2016

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Grazas a ENMA puidemos participar este ano en Ferrol na fase provincial. Aínda que non conseguimos clasificarnos para a fase seguinte, debido a un moi mal estado do percorrido da carreira e a unha desafortunada caída nada máis comezar a carreira, Enma deixou o noso colexio no máis alto dos escalos en canto a esforzo e constancia. Non deixou de correr ata o final conseguindo unha marca incrible despois de caer nun campo nada apropiado para a celebración deste tipo de actividades escolares. Esperemos que nun futuro este tipo de lugares se escollan mellor para impedir este tipo de caídas que nada teñen que ver co esforzo dos adestramentos e da xente que organiza, colabora ou participa neste tipo de actividades. Grazas Enma pola túa valentía e esforzo e grazas a todos por participar nas anteriores fases.

domingo, 10 de abril de 2016

Fútbol feminino e masculino

Bueno... Rematada a segunda avaliación temos que dar as grazas a todos os participantes desta actividade escolar. Este deporte foi moi solicitado polos alumnos do centro, de ambos sexos, participando a maioría do alumnado de Secundaria. Levouse a cabo como estaba previsto e realizouse na súa totalidade, tendo no sexo masculino 4 equipos e no feminino 3. A competicion estivo moi igualada e foi moi emocionante.

Fixemos a entrega dos premios da participación xunto cos de bádminton e aquí aparecen unhas fotos deste acto.

Yago B. e Nico


martes, 1 de marzo de 2016

PEQUE OLIMPIADAS

Os pequenos de infantil realizaron as súas particulares "Peque-Olimpiadas" nas que practicaron deportes como: salto, carreira, marcha, obstáculos, salto de altura, lanzamento de martelo e xabalina, paralelas e ximnasia rítimica con cinta.

mércores, 10 de febreiro de 2016

Xogos Olímpicos Ponte 2016

E aquí un resumo da nosa xornada olímpica. Primeiro unhas fotos e logo un pequeno vídeo.


Inauguración dos Xogos Olímpicos Ponte 2016

Xornada de inauguración dos nosos xogos Olímpicos, con encendido da chama olímpica coa antorcha portada por Don Antonio.





E se queredes velo en vídeo:


ENTROIDO OLÍMPICO PONTE 2016

O Entroido 2016 no cole foi un Entroido Olímpico para conmemorar a próxima celebración dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro.



XOGOS OLÍMPICOS PONTE 2016. Contamos con varias disciplinas e deportes: Judo, Piragüismo, Equitación, Esgrima, Tenis, Atletismo (martillo, disco, maratón), Ximnasia artística (barra, salto, suelo), Ximnasia rítmica, Natación sincronizada, fútbol,... coa participación de varias delegacións: España. Nigeria, Tailandia, Ucrania, EE.UU.,  Brasil,...

Ata tivemos mascotas olímpicas!!!


E dado que toda Olimpíada comeza do traslado da antorcha-chama olímpica dende Olímpia ata a sede dos xogos olímpicos, esta chegou ao colexio o pasado 22 de xaneiro para ila pasando de aula en aula ata o encendido do pebeteiro o 5 de febreiro. Así foi o seu recibimento por parte dos mestres de educación física:




E así foi o paseo da antorcha polas diferentes aulas ata ser portada polo encargado de acender o pebeterio e inaugurar os xogos: Don Antonio....


 

mércores, 3 de febreiro de 2016

FASE ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS

Como podemos ver nas fotos foi un día moi especial onde coñecemos un montón de compañeiros e compañeiras doutros colexios. O nivel era moi alto e Enma foi a única que pasou á seguinte fase. Aínda así, a experiencia foi moi boa e esperamos repetila nos vindeiros anos. Moitas grazas a todos/as por participar!!!