Este ano, coma os anteriores, aos alumnos de cuarto da ESO
tocounos organizar os campionatos deportivos do instituto. E nós, como
organizadoras de bádminton, temos que dicir que non resultou fácil, sobre todo
ao principio, pero contamos coa axuda de gran parte do profesorado e do
alumnado. E o certo é que sen eles non serían posibles os partidos.
O primeiro co que nos atopamos foi cunha inmensa
participación de todo o centro (nada menos que case corenta persoas dispostas a
xogar!). Como xa dixemos anteriormente atopámonos con máis dificultades das que
pensabamos, como por exemplo a organización de parellas e de partidos. Aínda
que contamos cun montón de árbitros voluntarios, vímonos de repente cunha
camisa a raias. Agora despois de vervos suando no campo, sentímonos honradas ao
entregarvos a todos un premio simbólico agradecendo que vos involucrárades
tanto neste deporte.
E dito esto queremos animar aos próximos alumnos de cuarto a
que disfruten desta experiencia que nós vivimos.
Un saúdo a todos!
Lucía, Sandra, Sheila
Os xogos da segunda avaliación foron moi divertidos e intrigantes, espero que para o ano sexan outra vez así.
ResponderEliminargrazas aos orgaizadores por facer que os recreos da 2ª avaliacion fosen mais amenos organizando estes deportes
ResponderEliminarque boa idea!!!!!!!!!! grazas aos organizadores e organizadoras por facer mais divertidos os recreos.
ResponderEliminarMoi boa organización. Grazas por facer mais apaixoantes os recreos.
ResponderEliminar