venres, 8 de outubro de 2021
Proxecto Vida Activa e Deportiva 21-22
Comenzamos un novo Proxecto de Vida Activa e Deportiva no CPI Ponte Carreira para este curso 21-22. Un dos obxectivos deste ano e involucrar a toda a comunidade educativa neste proxecto tan importante para a saúde. Queremos que a xente da contorna, concello, familias, veciñanza..., conozca o que estamos a realizar e que levan a súa vida diaria unha serie de hábitos saudables que sexan beneficiosos para a súa saúde.
Unha das primeiras actuacións é involucrar o profesorado tanto de Primaria como de Secundaria neste proxecto. Para iso, fai uns días veu o noso centro o doutor e profesor de INEF, Manolo Giráldez, a darnos unha pequena charla sobre a actividade física escolar, os perigos da inactividade física e o sedentarismo entre os máis xóvenes e facernos reflexionar un pouquiño sobre cuestións relacionadas coa saúde.
Deixámosvos o vídeo da charla para que lle botedes un ollo, de verdade que está moi interesante! Bo inicio de curso a todos e todas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)