mércores, 31 de decembro de 2014

CAMPO A TRAVÉS PRÉSARAS 2014

CAMPO A TRAVÉS
Outro ano máis o noso alumnado participou na actividade de Campo a través pero, como non podía ser de outra forma debido a súa preparación e interese, este ano conseguiron ter maior éxito que no ano anterior.             
                Este ano competiron en Présaras en lugar de Touro e en vista dos seus resultados foi unha boa decisión. Cabe destacar:
. O primeiro posto de  Enma (alumna de 4º de EP ) grazas ao cal se clasifica para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O 5º posto de Ángel ( alumno de 4º de EP ) e os bos resultados do grupo de alevín masculino (Matías, Ángel, Hugo, Xoel, José e David de 4º e 5º de EP ) grazas ao cal se clasificaron para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O primeiro posto de Lucía , o segundo de Judith, o terceiro de Alba ( alumnas de 1º da ESO ) e o 6º de Nuria ( alumna de 6º de primaria) e os bos resultados do grupo de infantil feminino ( Lucía, Judith, Alba, Nuria, Lorena e Paula “ as dúas alumnas de 5º de EP”) grazas ao cal tamén se clasificaron para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O segundo posto de Carlos e o terceiro de Rubén ( alumnos de 6º da EP ) grazas ao cal tamén se clasificaron para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O 4º posto de ALBA e o 5º posto de Lorena ( alumnas de 2º de ESO ) e os bos resultados do grupo de cadete feminino ( Alba, Lorena,  Rita, Ángela e Sara de 2º de ESO ) grazas ao cal se clasificaron para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O primeiro posto de Marcial , o segundo de Alejandro, o terceiro de Jesús, o cuarto de Gonzalo , o quinto de Santiago e o 6º de Manuel ( alumnos de 2º da ESO) polo que quedan clasificados automaticamente na categoría cadete masculino para a seguinte fase en Santiago de Compostela.

 Animámosvos a que os vaiades ver o día 24 de xaneiro do 2015 na Alameda de Santiago de Compostela pola mañá.   
                Para os que non conseguiron clasificarse moitas grazas por participar.

E xa sabedes, adestrando todo é posible!!

martes, 25 de novembro de 2014

Carreira Solidaria 2014

Para conmemorar o día Internacional dos dereitos do Neno, o 20 de Novembro de 2014, celebramos a Carreira Kilómetros de Solidariedade polos nenos e nenas de MALÍ. A totalidade do alumnado e do profesorado do centro participou nesta actividade. A continuación tendes unha galería de fotos sobre a actividade.

martes, 18 de novembro de 2014

Badminton 1ª avaliación

Como cada ano, aos alumnos de cuarto da ESO tocounos organizar diversos deportes durante os recreos co fin de pasalo ben e animar a realizar deporte tanto aos alumnos como ao profesorado. Ao principio atopamos contratempos como por exemplo faltas de asistencia ou desorganización...pero finalmente resultou un éxito. Como organizadores de bádminton queremos agradecerlle a os trinta e dous participantes e a profesora de ed.física que fixeron posible levar a cabo ata o fin este deporte. Tamén queremos darlle as gracias as persoas que durante dita actividade axudaron a colocación do material e a arbitraxe dos partidos. Andrea,Tania e Nicolás

mércores, 12 de novembro de 2014

Xogos populares no Magosto 2014

O día 7 de novembro celebramos o Magosto no centro!!! Aquí vos deixamos unhas imaxes dos xogos populares que organizamos e cos que o pasamos XENIAL!!!

luns, 22 de setembro de 2014

Outro ano máis do Proxecto Deportivo do noso Centro!!!

Ola a todos!!!!

Comezamos xuntos un novo curso escolar coa ilusión de continuar ofrecéndovos unha grande diversidade de actividades físicas e deportivas adaptadas para todas as idades; desde os máis pequenos do cole aos que damos a benvida ata os nosos maiores de 4º ESO que están desexando organizar para os seus compañeiros moitas actividades físicas e deportivas.

Este ano plantexámosnos o grande obxectivo de tratar de que todo o alumnado desde 5º de Primaria ata 4º ESO participe nalgunha actividade extraescolar relacionada coa actividade física e deportiva. Deste xeito aumentaranse as horas de práctica semanal de actividade física deste grupo de idade. E o resto do alumnado de Primaria e Infantil que siga realizando tanta actividade como ata agora!!!

Animádevos a inscribirvos en actividades organizadas pola ANPA ou polo Concello de Frades!!!

En tódolos tempos de lecer teredes materiais deportivos á vosa disposición para estar xogando sen parar!!!

En Secundaria todos veñen con moitísimas forzas e enerxías para participar nas actividades deportivas organizadas nos recreos polos alumnos de 4º ESO!!!

xoves, 26 de xuño de 2014

Valoración do PDC e Xogade polo alumnado

     Durante os dous últimos cursos no CPI Ponte Carreira estamos a participar no Plan Proxecta, desenvolvendo un Proxecto Deportivo de Centro (PDC) coa implicación máis directa de 7 membros do profesorado e coa participación de todo o alumnado (especialmente o de 4º ESO colaborando na organización) e unha altísima porcentaxe de profesorado e persoal de administración e servizos, así como participando en Xogade na modalidade de campo a través.

       O alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso CPI, cubriu un cuestionario que se lle pasou co obxectivo de valorar o grao de satisfacción coas actividades desenvolvidas dentro do PDC.

             A nota media que lle dan ás actividades organizadas polo centro no PDC e en XOGADE é de 8,1.

          A valoración das actividades resulta ser moi positiva e en case tódolos ítems a valoración “Moito” supera a “Normal”, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria. As actividades peor valoradas (23% e 17% de respostas negativas) son respectivamente os adestramentos e competición de campo a través. 

            Pincha na seguinte foto e atoparás un documento con gráficos dos resultados obtidos:



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!

ESTAMOS ANIMADÍSIMOS PARA SEGUIR CON ESTE PROXECTO O CURSO QUE VÉN!!!!!

BO VERÁN E PRACTICADE MOITA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA!!!!!!!

Análise dos hábitos de Práctica de Actividade Física do noso alumnado de 9 a 17 anos

          Dentro das actividades desenvolvidas dentro do Proxecto Deportivo de Centro (PDC), durante o mes de xuño o alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso centro, cubriu un cuestionario que se lles pasou co obxectivo de coñecer os seus hábitos de consumo de actividade física e deportiva (AF) e de sedentarismo.

As conclusións máis salientables son as seguintes:

  • O noso alumnado realiza unha media de 7,71 horas semanais de práctica de AF, sen contabilizar as horas de Educación Física e está dentro das recomendacións da OMS para o seu grupo de idade.
  • Máis da metade d@s alumn@s (53%) realizan como mínimo 7 horas semanais de práctica de AF.
  • Os nosos nenos son moi activos, pois o 70% deles practican como mínimo 7 horas semanais e o 27% realizan de 3 a 6 horas.
  • No caso das nenas, o 75% realiza como mínimo 3 horas semanais de práctica, o cal é un dato positivo de adhesión á AF, aínda que o noso obxectivo para o curso próximo será aumentar a cantidade de nenas que realicen un mínimo de 7 horas semanais de práctica (34% este ano).
  • A media de horas semanais de práctica de sen ser en club é bastante similar entre os dous sexos; mais cando se refire ás actividades físico-deportivas realizadas nun club ou colectivo os homes superan en dúas horas de media ás mulleres. Reducir esta cifra tamén será un obxectivo cara o ano que vén.
  • Ao 95% do noso alumnado gústalle a actividade físico-deportiva.
  • O 88% do alumnado practicou máis AF no centro (sen contar EF). Este dato relaciónase directamente coa importancia de aplicar o PDC.
  • O 89% do alumnado califícase como suficientemente activo/a, activo/a ou moi activo/a.
               Pinchando na seguinte foto podedes acceder ao documento no cal se expoñen todos os datos extraídos do cuestionario dun xeito moito máis detallado:


ESTAMOS MOI CONTENT@S COS NOS@S DEPORTISTAS!!!!!! 


SEGUIDE ASÍ OU AÍNDA MELLOR!!!!!

COOPERANDO CON OUTRAS INSTITUCIÓNS

A nosa idea dende o principio de curso foi a de colaborar coa maior cantidade de institucións locais e de fora do Concello co fin de facilitar a práctica deportiva ao noso alumnado. Unha actividade que nos pareceu moi interesante é o I CAMPUS DE FÚTOL E FÚTBOL SALA EN ARZÚA. Animamos a todo o alumnado a que participe neste tipo de actividades, sempre que se poida, xa que son outra forma distinta de practicar deporte en convivencia con outros nenos/as doutros lugares. Por eso, no recreo do día 18 de xuño acudiron ao centro os técnicos deportivos municipais dos Concellos de Frades e Arzúa para informar sobre este Campus ao alumnado.  

xoves, 12 de xuño de 2014

Gonzalo Campión Provincial

O Dia 24 de maio o noso compañeiro Gonzalo Sánchez Pazos proclamouse Campión Provincial nos Campionatos Provinciais de Atletismo na proba de lanzamento de peso. NORABOA!


venres, 30 de maio de 2014

O CPI de Pontecarreira vólcase na Primeira Carreira Pedestre de Frades

O domingo 18 de maio celebrouse a primeira Carreira pedestre populares de Frades e QUEREMOS agradecer a tódolos rapaces deste centro a súa asistencia. Por  parte de Primaria o número de asistentes foi de 23 e de Secundaria de 12.

luns, 12 de maio de 2014

FASE ZONAL DE ATLETISMO

O Pasado sábado día 10 de maio, tres Alumnos do centro, Ángel, Carlos e Gonzalo Sánchez Pazos participaron na fase zonal de atletismo na Pobra do Caramiñal en diferentes probas da competicion: salto de lonxitude, 80 metros lisos e lanzamento de pesos (3 kilos).

Gonzalo acadou o primeiro posto en lanzamento de peso de categoría infantil, rexistrando unha marca de 9,41 m. e clasificouse para a fase provincial do vindeiro 24 de maio!

NORABOA A TODOS!

Gonzalo 1 º ESO

EVITAR DORES DE ESPALDA

Recomendámosvos que pinchedes no seguinte enlace para consultar un blogue que ofrece a entrevista á pediatra Isabel Bellostas, quen nos ofrece uns bos consellos para tratar de evitar os dores de espalda!!!

http://elblogdesingladura.blogspot.com.es/2014/05/una-espalda-sin-dolor-con-actividad.html

xoves, 8 de maio de 2014

Grupos Fragas do Eume

Para ver equipos para participar nas actividades que se organizaran nas fragas do eume pinchade no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/0B7KJCABNwdj0MXZlOTdDVWtfZE0/edit?usp=sharing

I CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES

Desde o centro estase a colaborar para que o alumnado participe na I CARREIRA PEDESTRE POPULAR do Concello de Frades. Para este fin informamos ao alumnado dos procedementos de inscripción, datas de realización da carreira,etc. A carreira terá lugar o día 18 de maio. A saída e chegada da carreira será na praza pública de Ponte Carreira sendo o seu percorrido polas pistas de concentración e estradas situadas nos arredores.

XOGOS DE RECREO EN INFANTIL

Como non podería ser de outra forma, o alumnado de E. Infantil tamén realiza xogos populares como saltar a comba, un dous tres zapatito inglés, a mariola,... todos claro está dentro das súas posibilidades. Outros entretéñense cos seus xoguetes e xogos propios no seu tempo de lecer.

XOGOS POPULARES

O mércores 30 de abril do 2014 inauguramos os xogos de patio organizados polo alumnado de 3º ciclo de E. Primaria e 1º e 2º de ESO. Denominámolo "O Mércores Popular" e farase no recreo de 11:15 a 12:20 no patio de Primaria. Proponse como unha actividade para o alumnado de todo o centro, co obxectivo de que desfruten coa práctica dos xogos á vez que participan con actitudes de xogo limpo, traballo en equipo e deportividade. Nesta primeira ocasión decidiron xogar ao xogo de "Atrapa a bandeira". O alumnado de 1º de ESO foi o encargado de explicar e organizar este primeiro xogo. Debido a que foi a primeira vez, e non deu tempo a xogar moito tempo, decidiuse continuar con este xogo o día mércores 07 de maio do 2014.

mércores, 7 de maio de 2014

FRAGAS DO EUME 14/05/2014 EQUIPAMENTO

Equipamento:

- Chándal, mallas ou pantalón corto de deporte.
- Calzado cómodo e se é posible botas de montaña.
- Se fai bo tempo e vos apetece levade bañador e toalla.
- Levar crema solar e gorra.
- Unha botella de medio litro de auga.
- Caderno e boli ou lápis.
- Algo para comer a media mañá (froitos secos, froita e bocata pequeno).

Durante as activades que imos  realizar é posible que nos manchemos  (levade roupa para cambiarvos, por si se precisa).

Se tedes algunha dúbida contactade con Xoel, Anxo ou Joel. Grazas!

Excursión ás Fragas do Eume: 14/ 05/ 14 HORARIO

8.40  Saída do centro
9.30  Chegada ás Fragas (Área recreativa)
10.00  Empezamos a camiñar
13.00  Imos para a praia de Cabanas
14.00  Comemos
15.00  Coñecemento do ecosistema mariño
15.30  Actividades deportivas:
                -Atrapa a bandeira: organizado por Anxo, Joel e Xoel
                -Voleibol: organizado por Brais, Pablo e Sara
                -Escondite: organizado por Lucía, Sandra e Sheila
16.30  Tempo libre para bañarse ou continuar coas actividades deportivas

17.00  Regreso á casa  

*As encargadas do horario somos Lucía, Sandra, Sheila, se tedes calquera dúbida contactade con nós.

xoves, 24 de abril de 2014

PARTICIPACIÓN en EVENTOS DEPORTIVOS LOCAIS

Coa finalidade de animar a participar en eventos deportivos da zona, o alumnado deste centro recibe a axeitada información sobre as convocatorias, características e premios dos mesmos. Estas son as tres actividades locais nas que teñen a oportunidade de participar:

-VI CROSS AMBIENTAL e III ANDAINA de Ordes, será o día 1 de maio.
-CARREIRA POPULAR de Ordes, o vindeiro 11 de maio.
-I CARREIRA POPULAR de Frades, o 19 de maio.

Os obxectivos son  levar os hábitos de vida sana fóra do centro así como fomentar  a socialización e integración no entorno.  Por outra parte, aproveitamos estos acontecementos para mellorar o coñecemento e o respeto ao medio natural.

martes, 22 de abril de 2014

RECREOS ESO na 3ª AVALIACIÓN

As actividades deportivas para este trimestre son RUGBY e VOLEIBOL.
Estade atentos para a correspondente organización e, o máis importante, para participar!!!

Bádminton 2ª Avaliación

Ola a todos!

Este ano, coma os anteriores, aos alumnos de cuarto da ESO tocounos organizar os campionatos deportivos do instituto. E nós, como organizadoras de bádminton, temos que dicir que non resultou fácil, sobre todo ao principio, pero contamos coa axuda de gran parte do profesorado e do alumnado. E o certo é que sen eles non serían posibles os partidos.

O primeiro co que nos atopamos foi cunha inmensa participación de todo o centro (nada menos que case corenta persoas dispostas a xogar!). Como xa dixemos anteriormente atopámonos con máis dificultades das que pensabamos, como por exemplo a organización de parellas e de partidos. Aínda que contamos cun montón de árbitros voluntarios, vímonos de repente cunha camisa a raias. Agora despois de vervos suando no campo, sentímonos honradas ao entregarvos a todos un premio simbólico agradecendo que vos involucrárades tanto neste deporte.

E dito esto queremos animar aos próximos alumnos de cuarto a que disfruten desta experiencia que nós vivimos.

Un saúdo a todos! 

Lucía, Sandra, Sheila

mércores, 26 de marzo de 2014

COREOGRAFÍA ACROSPORT 4º ESO

Aquí tendes a coreografía grupal de Acrosport realizada polo alumnado de 4º ESO!!! A canción que empregamos como base musical é "Watch out for this" de Daddy Yankee.
Agardamos que vos guste!!!


martes, 4 de febreiro de 2014

XOGOS DE RECREO EN PRIMARIA

O longo do curso o alumnado de primaria realizou unha gran variedade de xogos durante os seus recreos. Estes xogos moitas veces foron organizados polo profesorado pero, como non podía ser doutra forma, sempre foron voluntarios. Noutras ocasións o alumnado preferiu xogar aos seus xogos. A variedade dos xogos foi tan grande que nos dou a entender que o noso alumnado ten moitos recursos para realizar exercicio físico. O importante é que se divirtan facendo deporte sexa da maneira que sexa.

martes, 28 de xaneiro de 2014

COMPETICIÓN DE TOURO E FASE ZONAL DE SANTIAGO

O día 10 de xaneiro fomos competir a Touro na fase local de Campo a Través. Fixo un día espléndido e a organización da proba estivo xenial. Pasamos unha mañá moi divertida correndo, animando aos nosos compañeiros e coñecendo a corredores doutros colexios.
Ademáis, o equipo infantil femenino clasificouse para a seguinte fase, que se celebrou en Santiago o día 18-01-2014. Nesta fase competiron Lucía Sanjurjo, Lorena Gilda, Lorena García, Ángela Torres, Lucía Gómez e Alba Carnota.
A experiencia foi boísima e repetiremos para o ano que ven !!!

mércores, 15 de xaneiro de 2014

Entrega premios dos deportes nos recreos da 1ª Avaliación

O día do festival de Nadal, tivemos a gran honra de que os Reis Magos fixeran a entrega dos agasallos aos participantes nos deportes dos recreos en Secundaria nas modalidades de fútbol sala e atletismo. 

Noraboa a todos os participantes!!!