venres, 8 de outubro de 2021

Proxecto Vida Activa e Deportiva 21-22

Comenzamos un novo Proxecto de Vida Activa e Deportiva no CPI Ponte Carreira para este curso 21-22. Un dos obxectivos deste ano e involucrar a toda a comunidade educativa neste proxecto tan importante para a saúde. Queremos que a xente da contorna, concello, familias, veciñanza..., conozca o que estamos a realizar e que levan a súa vida diaria unha serie de hábitos saudables que sexan beneficiosos para a súa saúde. Unha das primeiras actuacións é involucrar o profesorado tanto de Primaria como de Secundaria neste proxecto. Para iso, fai uns días veu o noso centro o doutor e profesor de INEF, Manolo Giráldez, a darnos unha pequena charla sobre a actividade física escolar, os perigos da inactividade física e o sedentarismo entre os máis xóvenes e facernos reflexionar un pouquiño sobre cuestións relacionadas coa saúde. Deixámosvos o vídeo da charla para que lle botedes un ollo, de verdade que está moi interesante! Bo inicio de curso a todos e todas!

luns, 24 de maio de 2021

XIII Romaría das Letras Galegas

 O pasado venres 21 de Maio celebramos no noso colexio unha nova edición da romaría das Letras Galegas, que este ano como xa sabedes está adicado a escritora Xela Arias. Esta edición foi virtual, xa que non podemos facela coma outros anos, pero aínda así o resultado foi espectacular. Aquí vos deixamos o festival para que o vexades cando queirades.

martes, 18 de maio de 2021

Lanzando e recibindo en 2º

En 2º de Primaria estamos traballando os lanzamentos e as recepcións. Practicamos esta habilidade con distintos materiais, sempre respetando as medidas de hixiene e protección. Aquí tendes un dos xogos que estamos a facer nesta unidade, chámase " Pelotas a miña casa". Ademais tamén estamos a traballar a cooperación, o traballo en equipo ou o esforzo individual e colectivo.

domingo, 9 de maio de 2021

Carreira solidaria 2021

 O mércores 28 de Abril, coincidindo coa iniciativa  do Día da Educación Física na casa/calle/colexio (promovido polo COLEF), celebrouse unha nova edición no noso colexio da carreira solidaria Save the Children. Nesta carreira ademáis de realizar actividade física promovendo os valores educativos e saudables do exercicio físico, axudamos a nenos e nenas con máis dificultades a través dos donativos que conseguimos entre todos. 

Pasamos unha mañá ben entretenida, correndo e animando aos nosos compañeiros/as, sempre respetando as medidas de seguridade e os protocolos anti-covid. Para o ano máis e mellor! Moitas grazas pola vosa participación!



carreira solidaria 2021 de Andres Pazos

martes, 27 de abril de 2021

martes, 13 de abril de 2021

Practicamos o bádminton

En 5º e 6º de Primaria estivemos traballando o deporte do bádminton. Coñecimos as súas principais regras e normas e practicamos este deporte a través de diferentes tarefas e xogos para ir familiarizándonos con el, para ao final da unidade didáctica facer un pequeno campeonato. No seguinte vídeo podemos ver a final deste torneo. Moi ben traballado rapaces e rapazas!


luns, 22 de marzo de 2021

Retámonos as combas

 Bo día! 

En 3º e 4º de Primaria estivemos traballando a habilidade de salto a través das combas. Despois dun breve recordatorio do traballado en anos anteriores, estivemos facendo diferentes retos individuais, partindo de retos sinxelos ata chegar a ser uns expertos na práctica da comba. Mesmo fixemos retos propostos polos alumnos que aínda eran máis complexos!

Tamén traballamos nunha batalla de combas, na cal tiñamos que retar aos compañeiros/as con diferentes ataques para irlle restando puntos de vida. Se o compañeiro/a que retamos non era capaz de facer o ataque proposto, quitámoslle os puntos de vida de dito ataque. Pero coidado! despois nos van retar a nós!

Botádelle un ollo aos retos e a batalla de combas e se vos animades practicade nas vosas casas!



luns, 8 de marzo de 2021

Campeonas invisibles

 Hoxe luns 8 de Marzo, celebramos o día Internacional da Muller. No deporte e no ámbito da actividade física continúan existindo grandes desigualdades entre homes e mulleres. A repercusión do deporte feminino nos medios de comunicación, os salarios que perciben os deportistas, a presenza de mulleres nas  directivas e nos postos de poder nas federacións e clubes, a presenza de estereotipos sexistas no deporte entre outras moitas desigualdades máis continúan presentes no día de hoxe.

Dende a nosa área podemos inculcar unha serie de valores e actitudes que favorezan a igualdade de oportuunidades e dereitos entre homes e mulleres. O seguinte vídeo é unha mostra das dificultades que as mulleres se atopan para poder realizar actividade física e deporte e tamén da pouca repercusión que teñen os grandes logros que consiguen as nosas deportistas.

luns, 8 de febreiro de 2021

Coñecemos o atletismo

Nos cursos de 5º e 6º de Primaria estamos coñecendo o deporte do atletismo. Traballamos as diferentes modalidades, como se distribúe o estadio de atletismo, récords das diferentes probas, atletas máis importantes... Vimos estes contidos na aula a través do Genially que veredes a continuación e tamén de forma práctica, realizando lanzamentos de xabalina e peso (adaptando o material) e saltos de lonxitude e triple salto.

martes, 26 de xaneiro de 2021

Inventando desplazamientos 4º Primaria

En 4º de Primaria estamos trabajando los diferentes tipos de desplazamientos: marcha, carreras, saltos, cuadrupedias, reptaciones...

En esta actividad buscamos la originalidad y la creatividad, inventamos nuevas formas de desplazarnos. ¿Qué otras formas se os ocurren?