Seguimos movendo o corpo da mellor forma. Bailando!!
PINCHA AQUÍ
martes, 31 de marzo de 2020
domingo, 29 de marzo de 2020
1º A 6º DE PRIMARIA - ESTIRAMENTOS
Agora toca recordar como estirar despois de facer exercicio. É tan importante como o propio exercicio.
venres, 27 de marzo de 2020
INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL
RETO SEMANAL
MATERIAIS:
TAPA DUNHA CAIXA DE ZAPATOS
UNHAS TESOIRAS
PARA CORTAR
UNHA CANICA OU
OBXECTO QUE RODE
ELABORACIÓN:
1
- COLLER UNHA TAPA DUNHA CAIXA DE ZAPATOS E IR FACENDO FURADOS 2, 3 , 4, … EN
FUNCIÓN DA DIFICULTADE QUE QUEIRAMOS DARLLE A ACTIVIDADE. DEIXAR 3 CENTÍMETROS
ENTRE CADA FURADO (PARA O ALUMNADO DE INFANTIL PÓDENSE FACER OS FURADOS
DEIXANDO MÁIS CENTÍMETROS DE SEPARACIÓN). FACER ALGÚNS FURADOS PEGADOS AO BORDE
DA CAIXA.
OS FURADOS TEÑEN QUE SER O SUFICIENTEMENTE
GRANDES PARA QUE A CANICA CAIA POR DENTRO DELES. PÓDESE UTILIZAR A TAPA DE
CALQUER BOTE PEQUENO COMO MOLDE.
CONSELLO: FACER POUCOS FURADOS AO PRINCIPIO PORQUE O XOGO
COMPLÍCASE MOITO A PARTIR DO TERCEIRO FURADO. DESPOIS IR FACENDO MÁIS PARA
AUMENTAR A DIFICULTADE.
COMO XOGAR:
O
XOGO CONSISTE EN FACER MOVER A CANICA OU O OBXECTO QUE SE QUEIRA O MAIOR TEMPO
POSIBLE E SEN QUE CAIA POLOS FURADOS. PARA ISO SUXEITAMOS A CAIXA CAS DÚAS MANS
E MANTÉMOLA NO AIRE MENTRES MOVEMOS A CANICA DENTRO DA CAIXA. O QUE CONSIGA O
MAIOR TEMPO GAÑA. PODEDES XOGAR TODOS OS DA CASA!!
mércores, 25 de marzo de 2020
3ºA 6º EP: ALIMENTACIÓN AXEITADA
Nestes días nos que non podemos facer tanta actividade física é moi importante comer ben. Aquí vos van uns pequenos consellos.
PINCHA AQUÍ
INFANTIL E 1º-2º EP: UNHA BOA ALIEMTACIÓN PARA ESTAR SANS COMO CAMALEÓN
Nestes días na casa debemos coidar moito a alimentación xa que agora estamos máis limitados para realizar actividade física.
PINCHA AQUÍ
PINCHA AQUÍ
INFANTIL E 1º-2º EP: QUENTAMENTO BAILANDO
Para non perder fío do que fixemos ata agora podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante o curso no noso blog.
PINCHA AQUÍ
PINCHA AQUÍ
venres, 20 de marzo de 2020
CAMPO A TRAVÉS CAMPIONATO PROVINCIAL CARBALLO
Se algo temos que salientar deste día foi a boa organización do evento. Foi un día para recordar. Moitas grazas a todos polo traballo realizado. Bruno fixo unha carreira moi boa e conseguiu un bo resultado nesta competición. Moi ben Bruno!!
As nosas compañeiras Enma e Natalia seguiron ca participación nesta competición pero no ámbito federado. Os seus resultados foron tamén moi bos xa que o nivel é cada vez máis alto a medida que se superan as probas. Para elas tamén o noso ánimo para que sigan entrenando.
domingo, 8 de marzo de 2020
8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Para conmemorar este día, recuperamos un vídeo de 2011 sobre mulleres deportistas.
Moitas grazas por perseverar avanzando cara á igualdade no deporte!
Moitas grazas por perseverar avanzando cara á igualdade no deporte!
RESUMO SEMANAL DOS TORNEOS
TENIS DE MESA
Esta semana xogánronse os oitavos de final de tenis de mesa, que xa eran eliminatorios. Conseguiron clasificarse para a seguinte rolda: Marcos, Rubén A., Anxo, David P., Dani, Rubén F., Hugo R. e Hugo C.
BALONCESTO
Xogouse a primeira semifinal entre os Ángeles Lagers (9 puntos) e os Denver Nuggets de Polo (14 puntos). Os Denver conseguiron clasificarse para a final.
Equipo dos Denver Nuggets de Polo
Equipo dos Ángeles Lagers
DODGEBALL
O Nottinghan Prisas (Leticia, Hugo C. Silvia, Nerea e Carlota) conseguiu o 5º posto despois de vencer ao Rápido Pontequieto (Jorge, Ana, Xoel, Antía e Paula) nun partido moi igualado ata o final e con baixas dalgúns xogadores e xogadoras.
luns, 2 de marzo de 2020
PREMIO NO ENTROIDO DE FRADES 2020!
Noraboa! O alumnado de 4ºESO gañou un premio no concurso de disfraces do Concello de Frades 2020! Os cartos serán destinados á excursión de fin de curso e etapa que van realizar en próximas datas.
QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!
Como este ano a temática era "A granxa", o alumnado de secundaria decidiu disfrazarse de alimañas varias porque, que é unha granxa sen raposos, xabarís, velutinas e veterinarios?
Ademais, cada curso fixo unha coreografía para celebrar o Entroido. Desculpade os pequenos erros, estabamos moi nerviosos con tanto público... O importante é o esforzo e a ilusión de todos eles! Esperamos que vos guste!
O grupo de 1º bailou a Muiñeira de Chantada.
O grupo de 2º bailou unha danza tradicional de E.E.U.U., Oh Susanna!
O grupo de 3º bailou un cha-cha-chá.
E o grupo de 4º rapeou o Rap das Velutinas e logo bailou unha coreo de hiphop.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)