domingo, 16 de xuño de 2013

Fútbol sala feminino

Aquí vos deixamos un vídeo da grande calidade que teñen as nosas xogadoras (e, como non, tamén os nosos xogadores; non vos poñades celosos, chicos), con este vídeo do bonito gol de Cristina de 4º ESO.


9 comentarios:

  1. A mín doume moita alegría que se celebrara un campionato de futbol feminino,xa que ata agora non se celebrara ningún.
    É e un honor pertencer a un colexio que motive ó deporte e sobretodo feminino xa que normalmente non se lle da a mesma importancia.
    Espero que esto continue por moito tempo

    ResponderEliminar
  2. Facer un campionato de fútbol feminino pareceume moi boa idea. Por unha vez déronnos as rapazas a oportunidade de amosarvos que, a nosa maneira, tamén sabemos xogar. Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Dende as gradas véronse partidos de gran calidade e igualdade, e sempre cunha gran deportividade e cortesía entre os equipos participantes. Esta xogada demostra a gran calidade desta xogadora, a cal foi das mellores do campeonato para min.
    Foi un honor ver estes grandes partidos!

    ResponderEliminar
  4. Pareceume moi boa idea crear un campionato de fúbol feminino, xa que ata agora non houbera ningún. Con estes partidos demostrouse que nós tamén sabemos xogar e sobre todo con este gol de Cristina, no que se mostra a súa gran calidade á hora de xogar.

    ResponderEliminar
  5. Foi moi boa idea o de apuntarnos por primeiro ano a este tipo de actividade. Así puidemos demostrar que nós tamén podemos e que non sempre teñen que ser os rapaces.

    ResponderEliminar
  6. Neste video demostrase a calidade da xogadora profesional Cris Barros que con este gol demostra tamén o que valen as xogadoras do colexio,que se poida facer este campeonato e algo que me parece moi bo.

    ResponderEliminar
  7. Moi bo gol o de Cristina e tamen a idea de facer o fútbol femenino,xa que, como poidemos apreciar apuntaronse moitas rapazas e amosaronnos que xogan moi ben a este deporte.

    ResponderEliminar
  8. Un bo gol o de Cristina e o ben que xogan todas as rapazas. SEGUÍDE ASÍ!!!!!

    ResponderEliminar
  9. moi boa a idea do futbol feminino e un bo gol de Cristina. Esta é unha moi boa idea de practicar deporte.

    ResponderEliminar