mércores, 29 de xuño de 2016

Valoración do PDC e DAFIS polo alumnado

Durante os catro últimos cursos no CPI Ponte Carreira estamos a participar no Plan Proxecta, iniciando este ano o programa DAFIS (valoración da condición física saudable), actividade que se inclúe no noso Proxecto Deportivo de Centro (PDC), no que participaron activamente 5 membros do profesorado e coa participación de todo o alumnado (especialmente o de 4º ESO colaborando na organización). Para poder desenvolver con éxito as actividades incluídas no PDC, contamos coa inestimable cooperación dunha altísima porcentaxe de profesorado e persoal de administración e servizos. Salientar tamén que un ano máis temos participado en Xogade na modalidade de campo a través.  
         O alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso CPI, cubriu un cuestionario que se lle pasou co obxectivo de valorar o grao de satisfacción coas actividades desenvolvidas dentro do PDC.

        A valoración das actividades resulta ser positiva, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria. 

        Pincha na seguinte foto e atoparás un documento con gráficos dos resultados obtidos:



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!

BO VERÁN E PRACTICADE MOITA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA!!!!!!!

mércores, 1 de xuño de 2016

Mapa dos recursos deportivos do concello de Frades:

Aquí vos deixo unha foto do mapa do concello de Frades coa información sobre os recursos deportivos dos que dispoñemos os habitantes do concello. En cada parroquia encontraredes o nome das instalacións que hai, cos materiais de que dispoñen cada unha.

Por último quero agradecer a todos os rapaces que me axudaron a realizar o inventario do material das instalacións que a min non me quedaban cerca, eles foron quen mo dixeron para poder realizar o traballo, Estes son: Lucía (Frades), Nicolás (Gafoi), Rita (Ledoira), Andrea López (Papucín), Marta (Moar), Samuel (Abellá), Yago Botana (Añá), Sara (Mesos e Galegos) e Vitre e Céltigos consulteino eu mesmo. 

ASÍ XA NON TEDES EXCUSA PARA NON PRACTICAR DEPORTE!!!

Diego Bodelo López.

PINCHADE NO MAPA E PODEREDES VELO MÁIS GRANDE!!!