A nosa atleta Enma Argibay Domínguez ven de participar o pasado sábado, día 18, na fase provincial da competición de campo a través. A proba realizouse na Pobra do Caramiñal e correron os mellores atletas da provincia da Coruña. Foi unha xornada de nervios mais tamén de moito esforzo, para percorrer os 1600 metros marcados na categoría infantil feminina.
Acadou un moi meritorio noveno posto, quedando a só dous segundos do oitavo, posto que lle daría a posibilidade de clasificarse para o campionato galego.
Moitos parabéns a Enma e agardamos que a súa actuación nos sirva a todos de exemplo de superación e amor polo deporte!!!
martes, 21 de febreiro de 2017
luns, 13 de febreiro de 2017
Fase Zonal de campo a través en Santiago
O día 21 de xaneiro, 11 atletas do noso centro participaron na competición de campo a través, fase zonal, na alameda de Santiago, nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. Correron con moito gusto para fuxiren do frío que ía ese día na capital de Galicia.
Ademais, outro ano máis, a nosa campeona Enma Argibay Domínguez se clasificou para a final provincial do día 18 de febreiro!!!!!
Noraboa a tod@s!!!!!!!
A continuación vos deixamos algunha foto da xornada.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)