xoves, 24 de abril de 2014

PARTICIPACIÓN en EVENTOS DEPORTIVOS LOCAIS

Coa finalidade de animar a participar en eventos deportivos da zona, o alumnado deste centro recibe a axeitada información sobre as convocatorias, características e premios dos mesmos. Estas son as tres actividades locais nas que teñen a oportunidade de participar:

-VI CROSS AMBIENTAL e III ANDAINA de Ordes, será o día 1 de maio.
-CARREIRA POPULAR de Ordes, o vindeiro 11 de maio.
-I CARREIRA POPULAR de Frades, o 19 de maio.

Os obxectivos son  levar os hábitos de vida sana fóra do centro así como fomentar  a socialización e integración no entorno.  Por outra parte, aproveitamos estos acontecementos para mellorar o coñecemento e o respeto ao medio natural.

martes, 22 de abril de 2014

RECREOS ESO na 3ª AVALIACIÓN

As actividades deportivas para este trimestre son RUGBY e VOLEIBOL.
Estade atentos para a correspondente organización e, o máis importante, para participar!!!

Bádminton 2ª Avaliación

Ola a todos!

Este ano, coma os anteriores, aos alumnos de cuarto da ESO tocounos organizar os campionatos deportivos do instituto. E nós, como organizadoras de bádminton, temos que dicir que non resultou fácil, sobre todo ao principio, pero contamos coa axuda de gran parte do profesorado e do alumnado. E o certo é que sen eles non serían posibles os partidos.

O primeiro co que nos atopamos foi cunha inmensa participación de todo o centro (nada menos que case corenta persoas dispostas a xogar!). Como xa dixemos anteriormente atopámonos con máis dificultades das que pensabamos, como por exemplo a organización de parellas e de partidos. Aínda que contamos cun montón de árbitros voluntarios, vímonos de repente cunha camisa a raias. Agora despois de vervos suando no campo, sentímonos honradas ao entregarvos a todos un premio simbólico agradecendo que vos involucrárades tanto neste deporte.

E dito esto queremos animar aos próximos alumnos de cuarto a que disfruten desta experiencia que nós vivimos.

Un saúdo a todos! 

Lucía, Sandra, Sheila