venres, 19 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - DESPEDIDA

E chegou o fin de curso e dunha maneira moi distinta a que todos nos imaxinamos. Espero que vos gustasen as propostas e actividades que vos propuxen durante estes días. 

Para que non vos colla por sorpresa dicirvos tamén que para o ano xa non vou estar con vós. Comezo outra etapa da miña vida noutro centro e espero que sexa tan apasionante como foron estes catorce anos con vós. Paseino moi ben e oxalá levedes un bo recordo do meu paso polas vosas vidas. Unha aperta moi grande e a pasar un bo verán.

domingo, 14 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - MELLORES MOMENTOS DEPORTE ESPAÑOL

Para que nos quede un bo recordo do que é o deporte vamos a ver un vídeo no que podemos ver moitos dos mellores momentos do deporte español dos últimos anos. Animádevos a facer deporte. Tedes moitas formas de practicalo. De vós depende elixir a que máis vos guste para pasalo ben.!!

PINCHA AQUÍ

INFANTIL E PRIMARIA - FUTUROS DEPORTISTAS GALEGOS

Para que vos animedes a practicar deporte vamos a ver un vídeo de futuras promesas galegas do deporte. Nel poderedes ver como calquera de vós pode chegar ao máis alto no mundo do deporte con traballo e constancia. Espero que vos guste.

PINCHA AQUÍ

MEDALLAS XOGOS OLÍMPICOS 2016

E para que vexades algúns dos éxitos aos que poden chegar estes atletas nun futuro, un pequeno exemplo das medallas conseguidas nos últimos xogos olímpicos de Río do ano 2016.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL E PRIMARIA - RETO FAMILIAR

Para este reto tedes que participar o maior número de persoas da casa. Consiste tal é como se ve no vídeo en intentar poñerse todos de pé agarrados a mesma corda. Espero que vos guste. Se queredes podedes mandarmo a jclr@edu.xunta.es

PINCHA AQUÍ

sábado, 13 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - BAILE DE DESPEDIDA

Xa só nos queda esta semana para terminar o curso. Vamos a facer actividades para despedir o curso da mellor forma posible. Agora toca bailar. Espero que vos guste!!

PINCHA AQUÍ

venres, 12 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL


RETO SEMANAL 11
    
    MATERIAIS:
                O QUE SE PRECISE PARA O XOGO ELEXIDO

                ELABORACIÓN:
                A QUE SE PRECISE PARA O XOGO ELEXIDO

                COMO XOGAR:
                ESTA VEZ O RETO VAI CONSISTIR EN GRAVARSE REALIZANDO UN DOS XOGOS QUE VOS PROPUXEN DURANTE ESTAS SEMANAS. O QUE VÓS QUEIRADES. CON GRAVAR UNS SEGUNDOS XOGANDO AO XOGO XA ME CHEGA.

  
COMO SEMPRE MANDÁDEME OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS A ESTA DIRECCIÓN


                                                               jclr@edu.xunta.es                  



xoves, 11 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - REPASO XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

Para facer un repaso dos principais e máis coñecidos xogos que vimos ata agora vamos a ver un vídeo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. 

PINCHA QUÍ

mércores, 10 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - AS CARRILANAS

Tócanos agora ver unha forma moi diferente que tiñan os nosos avós e avoas de xogar. Trátase das carrilanas.
Estas construcións foron aparecendo no norte de España a principios do século XX. Os nenos e nenas desa época non tiñan xoguetes e buscaban formas de entreterse. Un deses xoguetes que crearon foron as carrilanas coas que baixaban costas a toda velocidade.


Para que vexades que velocidade se colle con estes aparellos mándovos un vídeo que nos pon no lugar dun condutor destes trebellos.

luns, 8 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - O XOGO DA SOGA - TIRA

Outro xogo moi coñecido e que pasou de xeración en xeración é a soga-tira .
A súa orixe data de tempos moi antigos , xa no antigo Exipto 2500 anos antes de Cristo practicábase este tipo de xogo.

domingo, 7 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - O XOGO DA RA

Vamos con outro xogo tradicional e que foi moi popular para os nosos avós e avoas. Trátase do xogo da ra. 
Unha antiga lenda Inca di que nesa cultura os sapos eran venerados polos seus poderes máxicos. Nos días festivos tirábanse pezas de ouro aos lagos. Se un sapo saltaba e comía a peza, éste convertíase en ouro e concedíaselle un desexo ao tirador. En homenaxe a tantos desexos feitos realidade, o Inca manda construír un gran Sapo de ouro, co cal se divertía a realeza.

xoves, 4 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL 10



RETO SEMANAL 10


    MATERIAIS:
                UN VASO DE PLÁSTICO E BÓLAS DE PAPEL

                ELABORACIÓN:
                FACER 3 BÓLAS DE PAPEL. O TAMAÑO DO PAPEL PARA FACER AS BÓLAS É DE MEDIO FOLIO

                COMO XOGAR:
                ESTA VEZ O RETO VAI CONSISTIR EN METER 1,2 OU 3 BÓLAS DE PAPEL DENTRO DUN VASO DE PLÁSTICO. LANZALAS CARA ARRIBA PARA QUE SAIAN DO VASO E VOLVELAS COLLER CO PROPIO VASO.

TEN MÁIS DIFICULTADE DA QUE PARECE. COMEZADE CUNHA BÓLA PRIMEIRO.
  
COMO SEMPRE MANDÁDEME OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS A ESTA DIRECCIÓN

jclr@edu.xunta.es




mércores, 3 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - O PEÓN

Outro xogo  que tamén practicabán os vosos avós e avoas son os peóns . Os peóns non teñen unha orixe definida pero tense coñecemento da esistencia de peóns dende o ano 4000 antes de Cristo xa que se encontraron exemplares feitos de arxila nas beiras do río Éufrates.

Vamos a ver dous vídeos sobre os peóns.

PINCHA AQUÍ

PINCHA AQUÍ

martes, 2 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - AS CANICAS

Temos hoxe un xogo moi especial ao que xogaban os vosos pais e nais e case seguro os vosos avós e avoas. O xogo das canicas.  A súa orixe aparentemente remóntase ata o Antigo Exipto e a Roma Precristiana. De feito encontráronse canicas presentes na tumba dun neno exipcio de alrededor do ano 3000 antes de Cristo. 

Agora podedes ver varias modalidades do xogo das canicas. Espero que vos gusten. 

PINCHA AQUÍ

PINCHA AQUÍ

PINCHA AQUÍ

luns, 1 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - 3 EN RAIA

Agora un xogo moi doado. "O tres en raia". Pódese debuxar no chan e utilizar 3 paus e 3 pedras para xogar. A historia do tres en raia tal e como o coñecemos remóntase a lexana Persia, fai case 1000 anos, desde onde mercaderes italianos exportárono as súas terras e o extenderon.

PINCHA AQUÍ