venres, 19 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - DESPEDIDA

E chegou o fin de curso e dunha maneira moi distinta a que todos nos imaxinamos. Espero que vos gustasen as propostas e actividades que vos propuxen durante estes días. 

Para que non vos colla por sorpresa dicirvos tamén que para o ano xa non vou estar con vós. Comezo outra etapa da miña vida noutro centro e espero que sexa tan apasionante como foron estes catorce anos con vós. Paseino moi ben e oxalá levedes un bo recordo do meu paso polas vosas vidas. Unha aperta moi grande e a pasar un bo verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario