Enma Argibay Domínguez acadou o subcampionato provincial na modalidade de 3.000 metros o día 20 de maio no estadio de atletismo da Pobra do Caramiñal. Foi unha carreira na que Enma marcou un ritmo moi alto, indo en cabeza durante toda a proba e só foi superada por unha atleta na derradeira volta,
Os nosos parabéns polo teu esforzo e por ser un exemplo de superación no deporte feminino!!!