Éste ano, como todos os anteriores tocounos organizar aos de 4º da ESO os deportes que se praticarán durante todo o curso no horario do recreo.
Comezamos con atletismo que a 19 de outubro xa realizamos todas as probas nas que contamos cun total de 13 alumnos, pero que nos valen de moita axuda para organizar os elementos que son necesarios para poder realizar as probas.
Ateltismo está dividido en masculino e feminino no que ao finalizar todas as actividades serán premiados un alumno e unha alumna que obteñan a maior puntuación de todas as probas, así como o resto dos participantes.
Realizamos 1000 metros obstáculos, 100 metros lisos, 800 metros lisos, lanzamento de peso, lanzamento de xabalina, salto de alura e salto de lonxitude dos que temos unhas imaxes dos rapaces concursando.
Realizamos 1000 metros obstáculos, 100 metros lisos, 800 metros lisos, lanzamento de peso, lanzamento de xabalina, salto de alura e salto de lonxitude dos que temos unhas imaxes dos rapaces concursando.
Xa remataron as probas e nos primeiros postos están, na categoria feminina Lucía (33 puntos), seguida por Carla (32 puntos) e Lorena (31 puntos); despois Alba 2º (28 puntos), Andrea (28 puntos), María (24 puntos) e por último, pero non menos importante Nerea (8 puntos); despois na categoria masculina o primeiro posto é para Yago Viqueira con 41 puntos, o segundo para Pablo Gómez (25 puntos), seguido por Nicolás (20 puntos), Carlos (19 puntos), Alberto (14 puntos) e Alex (11 puntos).
Maite e Diego.
A continuación poderedes ver esas imaxes que vos comentamos antes. Moitas grazas e un saúdo a todos.
Atletismo 2015 |