venres, 30 de maio de 2014
O CPI de Pontecarreira vólcase na Primeira Carreira Pedestre de Frades
O domingo 18 de maio celebrouse a primeira Carreira pedestre populares de Frades e QUEREMOS agradecer a tódolos rapaces deste centro a súa asistencia. Por parte de Primaria o número de asistentes foi de 23 e de Secundaria de 12.
luns, 12 de maio de 2014
FASE ZONAL DE ATLETISMO
O Pasado sábado día 10 de maio, tres Alumnos do centro, Ángel, Carlos e Gonzalo Sánchez Pazos participaron na fase zonal de atletismo na Pobra do Caramiñal en diferentes probas da competicion: salto de lonxitude, 80 metros lisos e lanzamento de pesos (3 kilos).
Gonzalo acadou o primeiro posto en lanzamento de peso de categoría infantil, rexistrando unha marca de 9,41 m. e clasificouse para a fase provincial do vindeiro 24 de maio!
NORABOA A TODOS!
Gonzalo acadou o primeiro posto en lanzamento de peso de categoría infantil, rexistrando unha marca de 9,41 m. e clasificouse para a fase provincial do vindeiro 24 de maio!
NORABOA A TODOS!
Gonzalo 1 º ESO
EVITAR DORES DE ESPALDA
Recomendámosvos que pinchedes no seguinte enlace para consultar un blogue que ofrece a entrevista á pediatra Isabel Bellostas, quen nos ofrece uns bos consellos para tratar de evitar os dores de espalda!!!
http://elblogdesingladura.blogspot.com.es/2014/05/una-espalda-sin-dolor-con-actividad.html
http://elblogdesingladura.blogspot.com.es/2014/05/una-espalda-sin-dolor-con-actividad.html
xoves, 8 de maio de 2014
Grupos Fragas do Eume
Para ver equipos para participar nas actividades que se organizaran nas fragas do eume pinchade no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/0B7KJCABNwdj0MXZlOTdDVWtfZE0/edit?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/0B7KJCABNwdj0MXZlOTdDVWtfZE0/edit?usp=sharing
I CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES
Desde o centro estase a colaborar para que o alumnado participe na I CARREIRA PEDESTRE POPULAR do Concello de Frades. Para este fin informamos ao alumnado dos procedementos de inscripción, datas de realización da carreira,etc.
A carreira terá lugar o día 18 de maio. A saída e chegada da carreira será na praza pública de Ponte Carreira sendo o seu percorrido polas pistas de concentración e estradas situadas nos arredores.
XOGOS DE RECREO EN INFANTIL
Como non podería ser de outra forma, o alumnado de E. Infantil tamén realiza xogos populares como saltar a comba, un dous tres zapatito inglés, a mariola,... todos claro está dentro das súas posibilidades. Outros entretéñense cos seus xoguetes e xogos propios no seu tempo de lecer.
XOGOS POPULARES
O mércores 30 de abril do 2014 inauguramos os xogos de patio organizados polo alumnado de 3º ciclo de E. Primaria e 1º e 2º de ESO. Denominámolo "O Mércores Popular" e farase no recreo de 11:15 a 12:20 no patio de Primaria. Proponse como unha actividade para o alumnado de todo o centro, co obxectivo de que desfruten coa práctica dos xogos á vez que participan con actitudes de xogo limpo, traballo en equipo e deportividade.
Nesta primeira ocasión decidiron xogar ao xogo de "Atrapa a bandeira". O alumnado de 1º de ESO foi o encargado de explicar e organizar este primeiro xogo. Debido a que foi a primeira vez, e non deu tempo a xogar moito tempo, decidiuse continuar con este xogo o día mércores 07 de maio do 2014.
mércores, 7 de maio de 2014
FRAGAS DO EUME 14/05/2014 EQUIPAMENTO
Equipamento:
- Chándal, mallas ou pantalón corto de
deporte.
- Calzado cómodo e se é posible botas
de montaña.
- Se fai bo tempo e vos apetece levade
bañador e toalla.
- Levar crema solar e gorra.
- Unha botella de medio litro de auga.
- Caderno e boli ou lápis.
- Algo para comer a media mañá (froitos secos, froita e bocata pequeno).
Durante as activades que imos realizar é posible que nos manchemos (levade roupa para cambiarvos, por si se
precisa).
Se tedes algunha dúbida contactade con Xoel, Anxo ou Joel. Grazas!
Excursión ás Fragas do Eume: 14/ 05/ 14 HORARIO
8.40 Saída do
centro
9.30 Chegada ás
Fragas (Área recreativa)
10.00 Empezamos
a camiñar
13.00 Imos para
a praia de Cabanas
14.00 Comemos
15.00 Coñecemento do ecosistema mariño
15.30
Actividades deportivas:
-Atrapa
a bandeira: organizado por Anxo, Joel e Xoel
-Voleibol:
organizado por Brais, Pablo e Sara
-Escondite:
organizado por Lucía, Sandra e Sheila
16.30 Tempo
libre para bañarse ou continuar coas actividades deportivas
17.00 Regreso á
casa
*As encargadas do horario somos Lucía, Sandra, Sheila, se tedes calquera dúbida contactade con nós.
*As encargadas do horario somos Lucía, Sandra, Sheila, se tedes calquera dúbida contactade con nós.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)