Dous dos nosos alumnos do CPI de Pontecarreira proclamáronse o pasado día 16 de Xuño campións da Copa Das Mariñas. É o caso de Joel López e Rubén Sóñora. Ademáis da victoria, cabe destacar que Joel meteu o único gol nas semifinais, e que Rubén meteu o único gol na final, o que mostra aínda mais o incrible potencial destes xogadores. Ademais de xogar para o SD Ordes, este rapaces xogan tamén na EDM Frades, mostrando así un gran físico para aguantar o abundante número de partidos que xogan por temporada. Como non, a victoria foi ben celebrada por parte de ambos! Mirade qué foto!
venres, 21 de xuño de 2013
Torneo Intermunicipal de Fúlbol Sala
Este pasado domingo día 9 disputáronse as semifinais e finais do "X Torneo Inter-Municipal de Fútbol Sala Base", no Concello de O Pino. O equipo de Frades na categoría cadete proclamouse campión ao vencer nas semifinais por 6-0 o Touro, e nas finais a EDA Arzúa por un 4-3, (no que disputaron un grandísimo encontro). Houbo entrega de trofeos e medallas para tódolos participantes. Asi mesmo, o equipo de Frades contou tódalas súas participacións por victorias ó longo de toda a tempada, tanto na liga de Deporte Escolar como neste torneo. Unha campaña irrepetible para estas EDM de Fútbol Sala na categoría cadete, no que xogadores, técnico e afición foron os responsables deste enorme éxito.
luns, 17 de xuño de 2013
Fútbol-sala ESO
Nos meses de maio e xuño fixemos unha liga de fútbol-sala masculino e feminino. O desgaste físico e psicolóxico desenvolto ao longo dos meses polos participantes foron factores clave para o nivel acadado no campionato interescolar.
Rubén e Samuel
domingo, 16 de xuño de 2013
Fútbol sala feminino
Aquí vos deixamos un vídeo da grande calidade que teñen as nosas xogadoras
(e, como non, tamén os nosos xogadores; non vos poñades celosos, chicos), con
este vídeo do bonito gol de Cristina de
4º ESO.
martes, 11 de xuño de 2013
Deportes 3º Trimestre
Como non podería ser doutra forma o alumnado de primaria tamén realizou ao longo do curso, e con maior intensidade neste último trimestre, actividades deportivas. O deporte con máis adeptos foi o fútbol-sala. Como podedes apreciar nas fotos no noso colexio todos xogan por igual. Nenos e nenas divírtense xuntos porque decatáronse de que cantos máis son mellor o pasan e de que todos podemos xogar porque todos somos importantes dentro de calquer deporte.
Xogos de mesa.
Durante o curso, e neses días nos que as condicións metereolóxicas só aconsellan estar dentro nas aulas, o alumnado deste ciclo participou nunha serie de xogos de mesa dentro da aula se psicomotricidade. Como podemos ver todos encontran algunha actividade do seu agrado xa que a oferta de xogos foi moi variada.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)