luns, 22 de marzo de 2021

Retámonos as combas

 Bo día! 

En 3º e 4º de Primaria estivemos traballando a habilidade de salto a través das combas. Despois dun breve recordatorio do traballado en anos anteriores, estivemos facendo diferentes retos individuais, partindo de retos sinxelos ata chegar a ser uns expertos na práctica da comba. Mesmo fixemos retos propostos polos alumnos que aínda eran máis complexos!

Tamén traballamos nunha batalla de combas, na cal tiñamos que retar aos compañeiros/as con diferentes ataques para irlle restando puntos de vida. Se o compañeiro/a que retamos non era capaz de facer o ataque proposto, quitámoslle os puntos de vida de dito ataque. Pero coidado! despois nos van retar a nós!

Botádelle un ollo aos retos e a batalla de combas e se vos animades practicade nas vosas casas!



luns, 8 de marzo de 2021

Campeonas invisibles

 Hoxe luns 8 de Marzo, celebramos o día Internacional da Muller. No deporte e no ámbito da actividade física continúan existindo grandes desigualdades entre homes e mulleres. A repercusión do deporte feminino nos medios de comunicación, os salarios que perciben os deportistas, a presenza de mulleres nas  directivas e nos postos de poder nas federacións e clubes, a presenza de estereotipos sexistas no deporte entre outras moitas desigualdades máis continúan presentes no día de hoxe.

Dende a nosa área podemos inculcar unha serie de valores e actitudes que favorezan a igualdade de oportuunidades e dereitos entre homes e mulleres. O seguinte vídeo é unha mostra das dificultades que as mulleres se atopan para poder realizar actividade física e deporte e tamén da pouca repercusión que teñen os grandes logros que consiguen as nosas deportistas.