Un día para o recordo dentro deste outono tan chuvioso. Moi acertada a decisión de cambiar o día da proba. Pasamos un día de Outono sen mollarnos e cunha temperatura moi aceptable para a época do ano. Todo axudou a que o noso alumnado fixese, outro ano máis, unha das súas mellores participacións nestes últimos anos. Moitísimos alumnos e alumnas de diferentes centros competiron nun día onde o deporte foi o eixe principal. Grazas a todos e todas por participar e noraboa aos que pasaron a seguinte fase.
mércores, 11 de decembro de 2019
martes, 12 de novembro de 2019
XOGOS NO PATIO.
Durante os recreos o noso alumnado está a utilizar o material que lle demos nestes últimos anos para poder facer deporte de diversas formas. Aquí tedes unha mostra.
luns, 11 de novembro de 2019
Magosto no CPI PONTE CARREIRA
Que ben o pasamos neste día tan entrañable xogando cos nosos compañeiros e compañeiras. E que ricas estaban as castañas cocidas e asadas. !!!!!
Dia do peón 2020.
Que ben o pasamos xogando cos nosos peóns. Cada ano melloramos máis nos nosos lanzamentos cos peóns e buscamos novas formas máis complicadas para facelo máis divertido.
xoves, 24 de outubro de 2019
Outro ano máis seguimos a xogar a identificar e diferenciar entre os alimentos máis sans ,que podemos comer todos os días (froitas, verduras, pescados, hortalizas,...) e os que debemos comer con máis moderación para que non nos afecten negativamente na saúde (dulces, gominolas, xeados, marisco,....)
mércores, 11 de setembro de 2019
Benvidos!!!
Hoxe demos inicio a un novo curso cunha xornada de xogos populares. Queres ver canto xogamos...? Pois preme na imaxe e verás
venres, 5 de xullo de 2019
mércores, 26 de xuño de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)