sábado, 21 de novembro de 2015

Carreira Solidaria 2015

Como non podía ser doutra forma o alumnado do CPI PONTE CARREIRA participou na Carreira Solidaria para colaborar coa organización SAVE THE CHILDREN. Cada ano o alumnado e o profesorado deste centro están máis concienciados da necesidade de axudar a todos os nenos e nenas que o precisan. Moitas grazas a todos por participar!!



E aquí vos deixamos unhas fotiños da xornada....


 E despois... a recuperar forzas, que o temos ben merecido!!!


venres, 13 de novembro de 2015

Magosto 2015

Hoxe a festa do Magosto chegou ao colexio. Unha xornada de xogos populares na que todos o pasamos xenial. E despois.... a comer castañas....

Liga de atletismo da Macomunidade de Ordes


O pasado sábado celebrouse a primeira xornada desta primeira liga de atletismo na que participaron atletas do noso concello, e doutros pertencentes á comarca.
Queremos felicitar dende aquí a todos eles polo seu esforzo!!! e facer unha mención especial aos seguintes medallistas:
Hugo Carnota Amor
Pablo Gómez Ares
Carlos Gómez Taboada
Daniel Meijide Pereiro
Gonzalo Sánchez Pazos
David Souto Sanjurjo

Por outra banda hoxe no recreo realizouse a penúltima proba de atletismo da escola, que era salto de lonxitude, quedando no primeiro posto Andrea (na categoría feminina) acadando 2.80 metros, e un empate entre Yago Viqueira e Pablo Gómez, marcando un rexistro de 3.70 metros.
Maite e Diego.

mércores, 11 de novembro de 2015

Día do Peón

Un día diferente para poder xogar cos peóns, moitos deles feitos polo propio alumnado. Agora temos que ter paciencia para poder facelos bailar cada vez mellor. Ánimo, que con tempo todo se aprende!!


luns, 9 de novembro de 2015

BADMINTON 2015

Este ano en bádminton contamos cun alto porcentaxe de alumnado inscrito, tan só catro alumnos non están apuntados neste deporte!!!
Grazas a tanta colaboración dos alumnos e profesores tivemos que dividir á xente en dous grupos para poder realizar mellor o deporte, xa que senón sería un caos. 
Xogaremos tres xornadas para coñecer aos alumnos con maior puntuación que pasarán a un grupo e os que menos para outro enfrontándose entre eles os do mesmo nivel dando un gañador en cada grupo.
Maite e Diego