domingo, 10 de decembro de 2017

CAMPO A TRAVÉS EN PRÉSARAS 2017

Vendo as fotos podemos asegurar que foi un día moi especial para todos. E como non,
tamén conseguimos chegar nos primeiros postos en moitas das categorías. Unha aperta a todos e cada un dos que participastes neste día tan especial. Noraboa polo voso esforzo e compromiso co deporte.



 
 
 
 

sábado, 25 de novembro de 2017

CARREIRA SOLIDARIA 2017

Xa van varios anos cooperando con SAVE THE CHILDREN para axudar aos nenos e nenas necesitados do mundo. Grazas a todos e todas pola vosa axuda e polo voso esforzo na carreira. Se queres ver fotos preme na imaxe. 



domingo, 12 de novembro de 2017

Magosto 2017

Que ben o pasamos en infantil e primaria nos xogos do magosto. Queres velo? Preme na imaxe



E os nosos compis de ESO tamén o pasaron xenial.




venres, 10 de novembro de 2017

Día do Peón 2017

Durante toda a semana practicamos nas clases de Educación Física cos peóns. E hoxe todos xuntos estámolo a pasar moi ben ensinándolle aos nosos compañeiros e compañeiras o ben que os facemos bailar. Ánimo e seguide practicando que cada vez sairá mellor!




martes, 31 de outubro de 2017


40 Carreira Pedestre Popular de Santiago
Outra vez a nosa campiona Enma consegue superarse a sí mesma gañando na 40 Carreira Pedestre Popular de Santiago de Compostela na categoría infantil femenina.

luns, 16 de outubro de 2017

ALIMENTACIÓN SAUDABLE




Nas clases de educación física o alumnado xogou a diferenciar alimentos sans (os que poderíamos comer todos os días) dos alimentos que non son tan sans (que non se poden comer a diario). Desta forma concienciamos ao alumnado no consumo de alimentos como froitas, hortalizas, pescados, produtos en conserva, … e dámoslle a coñecer os seus  beneficios sobre a saúde e a mellora da calidade de vida.




 

 











 



















luns, 11 de setembro de 2017

Xogos de benvida!!!

Hoxe comezou o cole para o alumnado de ifantil e primaria. Para recibilos organizamos unha xornada de benvida chea de xogos, na que os pasamos xenial. Mirade, mirade...

venres, 30 de xuño de 2017

Análise dos hábitos de práctica de Actividade Física do noso alumnado de 8 a 17 anos

     Dentro das actividades desenvolvidas no Proxecto Deportivo de Centro (PDC), durante o mes de xuño o alumnado de 8 a 17 anos, que cursa 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso centro, cubriu un cuestionario que se lles pasou co obxectivo de coñecer os seus hábitos de consumo de actividade física e deportiva (AF) e de sedentarismo.

      Estamos moi orgullosos dos datos que nos amosa o cuestionario, que nos confirman que o PDC vai nunha moi boa dirección e que nos garantiza que o obxectivo principal do mesmo, aumentar o número de horas semanais de práctica do noso alumnado está acadado moi amplamente. As conclusións máis salientables son as seguintes:
  • O estilo de vida do noso alumnado de 8 a 17 anos en relación coa AF segue sendo moi positivo, polo número de horas semanais de práctica, pasando de 8,13 horas de media, sen contar as clases de EF, do curso pasado a 11,64 horas semanais neste curso. As medias das chicas atópanse en 9,65 horas e as dos chicos en 14,05 horas semanais, superando en ámbolos dous casos amplamente as recomendacións da OMS para o seu grupo de idade -7 horas á semana-. Concretamos agora estos datos, tendo en conta que as dúas horas de EF obrigatorias semanais non están incluídas nestes datos:
  1. O 69% do alumnado fai un mínimo de seis horas semanais de AF, subindo esta porcentaxe nun 10% con respecto ao curso pasado.
  2. O 59% do alumnado realiza un mínimo de oito horas semanais de AF, e o 48% realiza máis de 10 horas semanais.
  3. Os nosos nenos son moi activos, pois o 70% deles practican como mínimo 8 horas semanais e o 18% realizan de 6 a 8 horas, subindo ámbalas porcentaxes desde o curso pasado.
  4. No caso das nenas, o 57% realiza un mínimo de 6 horas semanais de práctica, o cal é un dato moi positivo de adhesión á AF.
  • 67% do alumnado recoñece que este curso realizou máis AF fóra do centro e o 66% realizou máis AF no centro, porcentaxes moi similares ás do curso pasado.
  • O 97% do alumnado participa en AF no centro tanto no horario lectivo como nos periodos de lecer.
  • A media de días semanais de práctica de AF 
  • A media de días semanais de práctica de AF durante un mínimo de 30 minutos -sen contar os días de EF-, é de 5,90 días; por sexos, indicar que as nenas practican actividade física 5,4 días á semana e os nenos 6,42 días á semana, mantendo unas porcentaxes similares ás do curso pasado.
  • Ao 97% do noso alumnado gústalle a actividade físico-deportiva. Este dato relaciónase directamente coa importancia de aplicar o PDC.
  • O 89% do alumnado califícase como suficientemente activo/a, activo/a ou moi activo/a.
     Pinchando na seguinte foto podedes acceder ao documento no cal se expoñen todos os datos extraídos do cuestionario dun xeito moito máis detallado:




ESTAMOS MOI CONTENTOS COS NOSOS DEPORTISTAS!!!!!! 


SEGUIDE ASÍ!!!!!

Valoración do PDC polo alumnado

Durante os cinco últimos cursos no CPI Ponte Carreira estamos a participar no Plan Proxecta, no Proxecto Deportivo de Centro (PDC), centros activos e saudables, no que participaron activamente 8 membros do profesorado e coa participación de todo o alumnado (especialmente o de 4º ESO colaborando na organización)Para poder desenvolver con éxito as actividades incluídas no PDC, contamos coa inestimable cooperación dunha altísima porcentaxe de profesorado e persoal de administración e servizos. 
 Salientar tamén que un ano máis temos participado en Xogade na modalidade de campo a través e no programa DAFIS (valoración da condición física saudable).
         O alumnado de 8 a 17 anos, que cursa 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso CPI, cubriu un cuestionario que se lle pasou co obxectivo de valorar o grao de satisfacción coas actividades desenvolvidas dentro do PDC.

        A valoración das actividades resulta ser moi positiva, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria. 

  Pincha na seguinte foto e atoparás un documento con gráficos dos resultados obtidos:



xoves, 29 de xuño de 2017

Investigando sobre a agricultura ecolóxica con 4º ESO

      Durante este curso o alumnado de 4º ESO realizou un traballo de investigación sobre a temática da agricultura ecolóxica. Pinchando na seguinte foto poderedes desfrutar dunha presentación na que combinamos as conlusións máis salientables do investigado cunhas figuras de acrosport que tratan de explicalo dun xeito visual. 
       Atrevédesvos a atopar a relación???


mércores, 28 de xuño de 2017

Promoción de estilos de vida saudables II

        Nesta entrada amosarémosvos os traballos realizados polo alumnado de 2º ESO relacionados cos contidos de promoción de hábitos de actividade física da materia de libre configuración "Promoción de estilos de vida saudables". 
         Consistiron na elaboración de roteiros polo Concello de Frades, nos que se amosan os percorridos dos mesmos, os monumentos máis importantes e as actividades físicas a realizar en diferentes puntos do traxecto. 







Promoción de estilos de vida saudables I

        Durante este curso, o alumnado de 2º ESO desenvolveu a materia de libre configuración de promoción de estilos de vida saudables. Nesta entrada amosaremos uns traballos relacionados cos contidos de alimentación saudable e presentadas na xornada de portas abertas do día 27 de xuño, máis concretamente:
  • A mesa do engano: relacionado con produtos alimentarios que teñen unha cantidade moi pequena do ingrediente que serve de nome ao produto.

  • Información sobre as legumes.

  • Piscolabis saudable: durante unha semana nos tempos de lecer ofrecéuselle ao alumnado catro produtos saudables: froita, iogur elaborado polo alumnado, froitos secos e pan ecolóxico -de espelta, de levadura madre e de trigo integral- con aceite de oliva virrxe extra e pementón doce.