Durante este curso, o alumnado de 2º ESO desenvolveu a materia de libre configuración de promoción de estilos de vida saudables. Nesta entrada amosaremos uns traballos relacionados cos contidos de alimentación saudable e presentadas na xornada de portas abertas do día 27 de xuño, máis concretamente:
- A mesa do engano: relacionado con produtos alimentarios que teñen unha cantidade moi pequena do ingrediente que serve de nome ao produto.
- Información sobre as legumes.
- Piscolabis saudable: durante unha semana nos tempos de lecer ofrecéuselle ao alumnado catro produtos saudables: froita, iogur elaborado polo alumnado, froitos secos e pan ecolóxico -de espelta, de levadura madre e de trigo integral- con aceite de oliva virrxe extra e pementón doce.
Ningún comentario:
Publicar un comentario