venres, 22 de marzo de 2013

Deportes 2ª Trimestre


Dentro do grupo de actividades que se realizaron durante a segunda avaliación debemos destacar Baloncesto que constou de tres grupos formado polos alumnos e profesores. Xogáronse unha serie de partidos para que dous lograsen chegar a final. Os gañadores foron os compoñentes do Equipo C. Queremos dar as grazas a todos aqueles que participaron en Baloncesto.

Ramón

A continuación amosamos unhas fotos de baloncesto e Rugby, deporte no que participaron 3 equipos que competiron en todo momento con xogo limpo.


Tamén xogamos unha serie de partidos de Pimpóm, cun gran número de participantes. Nun principio tíñanse pensado disputar un total de 54, pero non se realizaron todos por falta de tempo, quedando o número de partidos reducido a 20. Cabe destacar a deportividade que tiveron todos os deportistas, xa que non se produciu ningunha trifulca antideportiva en todo o campionato. Esperemos que en edicións próximas se inscriban moitos máis alumnos para poder disfrutar moito máis deste modesto deporte.

Rubén e Samuel

O derradeiro día do trimestre fixemos unha entrega de premios aos participantes, dirixida e presentada polos  organizadores dos campionatos. Mirade as caras de satisfacción dos agasallados!


Carreira solidaria

Para conmemorar o día Internacional dos dereitos do Neno, celebramos o 23 de Novembro de 2012 a Carreira Kilómetros de Solidariedade polos nenos e nenas de Níxer. A totalidade do alumnado e do profesorado do centro participou nesta actividade. A continuación tendes unha galería de fotos sobre a actividade.


Magosto e Xogos Populares

MAGOSTO. XORNADA DE XOGOS POPULARES.



DÍA DO PEÓN


Deportes 1ª Trimestre

E como outro ano máis, os alumnos de 4º de E.S.O. decidiron organizar os deportes nos que a maioría do centro o puido pasar ben. Destacou o bádminton, unha actividade na que competiron moi seriamente e na que sobretodo disfrutaron moito.

Ao longo destas xornadas, os equipos foron avanzando ata chegar á final,esa na que dous dos mellores "grupos" se poideron enfrontar.

Por último, en nome dos alumnos de 4º, queremos animarvos a todos a seguir participando. 

A continuación vos amosamos unhas fotos para que nos vexades en acción!!!

Sara, Lydia e Iria



Durante o primeiro trimeste un dos dous deportes realizados foi o atletismo, deporte no cal se realizaron distintas probas cada martes. Aínda que durante este periodo houbo uns cantos "erros técnicos" como: a eliminación dalgúns participantes da actividade, ou a mala organización por parte tanto dos participantes como dos "administradores". A pesar de non realizar todas as probas, o resultado foi moi satisfactorio, saindo como campión Joel López Pereiro de 3º ESO. A entrega de premios tivo lugar ó final do trimestre, regalando, tanto ós vencedores como ós demáis participantes, unhas moedas de chocolate.

Pablo 4º ESO

Atletismo

E como non,  despois do esforzo... chegou a recompensa e os participantes foron agasallados cuns premios que entregaron os organizadores dos campionatos. A continuación tendes unhas imaxes da ceremonia de entrega!


Actividades realizadas ao longo do curso


Ao longo deste curso, como en anos anteriores, o alumnado e o profesorado de Secundaria está a participar en Competicións Deportivas nos recreos organizados polo alumnado de 4ºESO coa colaboración do profesorado de tódolos Departamentos, cunha mención especial aos de EF, Bioloxía, Música, Tecnoloxía, Física e Plástica. Pola súa banda, os máis pequenos do centro tamén realizan xogos e actividades deportivas nos periodos de lecer acompañados e coa colaboración do profesorado e do persoal de garda. 
A continuación introduciremos entradas de cada unha das actividades físico-deportivas que estamos a desenvolver!!! 
Agardamos que vos gusten!!!



xoves, 21 de marzo de 2013

Comezamos a carreira de relevos...

Ola a todos!!!

Con moitísima ilusión, no día de hoxe botamos a andar este blogue sobre as actividades físicas e deportivas que se realizan no noso centro!!!

Desde algunhas das actuacións máis salientables dos alumnos nas clases de Educación Física (EF) ata as actividades que realizamos nos recreos, pasando polos méritos deportivos tanto do alumnado como do profesorado e, como non, tódalas novas que se consideren de interese.

Todos participaremos nunha carreira de relevos para desenvolver este blogue: agardamos as vosas contribucións para ir medrando pouco a pouco e animámosvos a que participedes activamente nel por medio dos comentarios e mandando novas para a súa publicación á seguinte dirección: efpontecarreira@gmail.com

Moitas grazas por anticipado e benvidos!!!