E como outro ano máis, os alumnos de 4º de E.S.O. decidiron organizar os deportes nos que a maioría do centro o puido pasar ben. Destacou o bádminton, unha actividade na que competiron moi seriamente e na que sobretodo disfrutaron moito.
Ao longo destas xornadas, os equipos foron avanzando ata chegar á final,esa na que dous dos mellores "grupos" se poideron enfrontar.
Por último, en nome dos alumnos de 4º, queremos animarvos a todos a seguir participando.
A continuación vos amosamos unhas fotos para que nos vexades en acción!!!
Sara, Lydia e Iria
Durante o primeiro trimeste un dos dous deportes realizados foi o atletismo, deporte no cal se realizaron distintas probas cada martes. Aínda que durante este periodo houbo uns cantos "erros técnicos" como: a eliminación dalgúns participantes da actividade, ou a mala organización por parte tanto dos participantes como dos "administradores". A pesar de non realizar todas as probas, o resultado foi moi satisfactorio, saindo como campión Joel López Pereiro de 3º ESO. A entrega de premios tivo lugar ó final do trimestre, regalando, tanto ós vencedores como ós demáis participantes, unhas moedas de chocolate.
Pablo 4º ESO
E como non, despois do esforzo... chegou a recompensa e os participantes foron agasallados cuns premios que entregaron os organizadores dos campionatos. A continuación tendes unhas imaxes da ceremonia de entrega!
Gustáronnme moito os deportes, o que non me pareceu moi ben, por parte do alumnado, foron as faltas de participación nalgúns días de deporte; polo demáis estivo moi ben xa que non houbo ningunha incidencia.
ResponderEliminarEstivo moi ben xa que para os de 1º da ESO era o primeiro ano non tiveron vergoña a hora de apuntarse a algunha actividade e sobre todo que se xogou de forma limpa sen ningún tipo de trampa.
ResponderEliminarHola son Diego Bodelo López.
ResponderEliminarEste ano é o 1º que estou aqui e quedei sorprendido de como os rapaces e rapazas se apuntaban aos deportes sin ningunha vergoña, como xogaban....
O gran esforzo e competividade que ouvo ao longo desta primeira avaliación tanto en bádminton como en atletismo foi impresionante aparte da abundancia de participación tanto por parte do alumnado como do profesorado
ResponderEliminarAnímovos a seguir participando en vindeiros cursos nos deportes !!!!!!