Hoxe luns 8 de Marzo, celebramos o día Internacional da Muller. No deporte e no ámbito da actividade física continúan existindo grandes desigualdades entre homes e mulleres. A repercusión do deporte feminino nos medios de comunicación, os salarios que perciben os deportistas, a presenza de mulleres nas directivas e nos postos de poder nas federacións e clubes, a presenza de estereotipos sexistas no deporte entre outras moitas desigualdades máis continúan presentes no día de hoxe.
Dende a nosa área podemos inculcar unha serie de valores e actitudes que favorezan a igualdade de oportuunidades e dereitos entre homes e mulleres. O seguinte vídeo é unha mostra das dificultades que as mulleres se atopan para poder realizar actividade física e deporte e tamén da pouca repercusión que teñen os grandes logros que consiguen as nosas deportistas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario