xoves, 8 de maio de 2014
XOGOS POPULARES
O mércores 30 de abril do 2014 inauguramos os xogos de patio organizados polo alumnado de 3º ciclo de E. Primaria e 1º e 2º de ESO. Denominámolo "O Mércores Popular" e farase no recreo de 11:15 a 12:20 no patio de Primaria. Proponse como unha actividade para o alumnado de todo o centro, co obxectivo de que desfruten coa práctica dos xogos á vez que participan con actitudes de xogo limpo, traballo en equipo e deportividade.
Nesta primeira ocasión decidiron xogar ao xogo de "Atrapa a bandeira". O alumnado de 1º de ESO foi o encargado de explicar e organizar este primeiro xogo. Debido a que foi a primeira vez, e non deu tempo a xogar moito tempo, decidiuse continuar con este xogo o día mércores 07 de maio do 2014.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Gústame a idea desto dos Xogos Populares, xa que a xente participa moito con esforzo e o pasa xenial.
ResponderEliminarÉ moi boa idea e canta máis xente participe mellor o pasamos. ademais é unha forma de practicar deporte cos compañeiros pasándoo moi ben.
ResponderEliminaré unha brillante idea!!!!!!!! con mais participacion e mais dias á semana seria moito mellor.
ResponderEliminar