domingo, 7 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - O XOGO DA RA

Vamos con outro xogo tradicional e que foi moi popular para os nosos avós e avoas. Trátase do xogo da ra. 
Unha antiga lenda Inca di que nesa cultura os sapos eran venerados polos seus poderes máxicos. Nos días festivos tirábanse pezas de ouro aos lagos. Se un sapo saltaba e comía a peza, éste convertíase en ouro e concedíaselle un desexo ao tirador. En homenaxe a tantos desexos feitos realidade, o Inca manda construír un gran Sapo de ouro, co cal se divertía a realeza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario