RETO SEMANAL
MATERIAIS:
TAPA DUNHA CAIXA DE ZAPATOS
UNHAS TESOIRAS
PARA CORTAR
UNHA CANICA OU
OBXECTO QUE RODE
ELABORACIÓN:
1
- COLLER UNHA TAPA DUNHA CAIXA DE ZAPATOS E IR FACENDO FURADOS 2, 3 , 4, … EN
FUNCIÓN DA DIFICULTADE QUE QUEIRAMOS DARLLE A ACTIVIDADE. DEIXAR 3 CENTÍMETROS
ENTRE CADA FURADO (PARA O ALUMNADO DE INFANTIL PÓDENSE FACER OS FURADOS
DEIXANDO MÁIS CENTÍMETROS DE SEPARACIÓN). FACER ALGÚNS FURADOS PEGADOS AO BORDE
DA CAIXA.
OS FURADOS TEÑEN QUE SER O SUFICIENTEMENTE
GRANDES PARA QUE A CANICA CAIA POR DENTRO DELES. PÓDESE UTILIZAR A TAPA DE
CALQUER BOTE PEQUENO COMO MOLDE.
CONSELLO: FACER POUCOS FURADOS AO PRINCIPIO PORQUE O XOGO
COMPLÍCASE MOITO A PARTIR DO TERCEIRO FURADO. DESPOIS IR FACENDO MÁIS PARA
AUMENTAR A DIFICULTADE.
COMO XOGAR:
O
XOGO CONSISTE EN FACER MOVER A CANICA OU O OBXECTO QUE SE QUEIRA O MAIOR TEMPO
POSIBLE E SEN QUE CAIA POLOS FURADOS. PARA ISO SUXEITAMOS A CAIXA CAS DÚAS MANS
E MANTÉMOLA NO AIRE MENTRES MOVEMOS A CANICA DENTRO DA CAIXA. O QUE CONSIGA O
MAIOR TEMPO GAÑA. PODEDES XOGAR TODOS OS DA CASA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario