O mércores 28 de Abril, coincidindo coa iniciativa do Día da Educación Física na casa/calle/colexio (promovido polo COLEF), celebrouse unha nova edición no noso colexio da carreira solidaria Save the Children. Nesta carreira ademáis de realizar actividade física promovendo os valores educativos e saudables do exercicio físico, axudamos a nenos e nenas con máis dificultades a través dos donativos que conseguimos entre todos.
Pasamos unha mañá ben entretenida, correndo e animando aos nosos compañeiros/as, sempre respetando as medidas de seguridade e os protocolos anti-covid. Para o ano máis e mellor! Moitas grazas pola vosa participación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario