Dentro das actividades desenvolvidas dentro do Proxecto Deportivo de Centro (PDC), durante o mes de xuño o alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 5º e 6º de
Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso centro, cubriu un cuestionario que
se lles pasou co obxectivo de coñecer os seus hábitos de consumo de actividade física e deportiva (AF) e de sedentarismo.
As conclusións máis salientables son as seguintes:
- O noso alumnado realiza unha media de 7,71 horas semanais de práctica de AF, sen contabilizar as horas de Educación Física e está dentro das recomendacións da OMS para o seu grupo de idade.
- Máis da metade d@s alumn@s (53%) realizan como mínimo 7 horas semanais de práctica de AF.
- Os nosos nenos son moi activos, pois o 70% deles practican como mínimo 7 horas semanais e o 27% realizan de 3 a 6 horas.
- No caso das nenas, o 75% realiza como mínimo 3 horas semanais de práctica, o cal é un dato positivo de adhesión á AF, aínda que o noso obxectivo para o curso próximo será aumentar a cantidade de nenas que realicen un mínimo de 7 horas semanais de práctica (34% este ano).
- A media de horas semanais de práctica de sen ser en club é bastante similar entre os dous sexos; mais cando se refire ás actividades físico-deportivas realizadas nun club ou colectivo os homes superan en dúas horas de media ás mulleres. Reducir esta cifra tamén será un obxectivo cara o ano que vén.
- Ao 95% do noso alumnado gústalle a actividade físico-deportiva.
- O 88% do alumnado practicou máis AF no centro (sen contar EF). Este dato relaciónase directamente coa importancia de aplicar o PDC.
- O 89% do alumnado califícase como suficientemente activo/a, activo/a ou moi activo/a.
Pinchando na seguinte foto podedes acceder ao documento no cal se expoñen todos os datos extraídos do cuestionario dun xeito moito máis detallado:
ESTAMOS MOI CONTENT@S COS NOS@S DEPORTISTAS!!!!!!
SEGUIDE ASÍ OU AÍNDA MELLOR!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario