xoves, 26 de xuño de 2014

Valoración do PDC e Xogade polo alumnado

     Durante os dous últimos cursos no CPI Ponte Carreira estamos a participar no Plan Proxecta, desenvolvendo un Proxecto Deportivo de Centro (PDC) coa implicación máis directa de 7 membros do profesorado e coa participación de todo o alumnado (especialmente o de 4º ESO colaborando na organización) e unha altísima porcentaxe de profesorado e persoal de administración e servizos, así como participando en Xogade na modalidade de campo a través.

       O alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso CPI, cubriu un cuestionario que se lle pasou co obxectivo de valorar o grao de satisfacción coas actividades desenvolvidas dentro do PDC.

             A nota media que lle dan ás actividades organizadas polo centro no PDC e en XOGADE é de 8,1.

          A valoración das actividades resulta ser moi positiva e en case tódolos ítems a valoración “Moito” supera a “Normal”, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria. As actividades peor valoradas (23% e 17% de respostas negativas) son respectivamente os adestramentos e competición de campo a través. 

            Pincha na seguinte foto e atoparás un documento con gráficos dos resultados obtidos:



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!

ESTAMOS ANIMADÍSIMOS PARA SEGUIR CON ESTE PROXECTO O CURSO QUE VÉN!!!!!

BO VERÁN E PRACTICADE MOITA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario