Comezamos xuntos un novo curso escolar coa ilusión de continuar ofrecéndovos unha grande diversidade de actividades físicas e deportivas adaptadas para todas as idades; desde os máis pequenos do cole aos que damos a benvida ata os nosos maiores de 4º ESO que están desexando organizar para os seus compañeiros moitas actividades físicas e deportivas.
O pasado mes de xuño publicamos os resultados das vosas positivas valoracións das actividades que realizamos no noso proxecto deportivo e pensamos que é importante que sigades participando nalgunha actividade extraescolar relacionada coa actividade física e deportiva e realizando tanta actividade física como ata agora!!!
Animádevos a inscribirvos en actividades organizadas pola ANPA ou polo Concello de Frades!!!
En Secundaria todos veñen con moitísimas forzas e enerxías para participar nas actividades deportivas organizadas nos recreos polos alumnos de 4º ESO!!!
Para rematar, informarvos de que este ano seguiremos a participar dentro do Plan Proxecta, no programa DAFIS, co obxectivo principal de utilizar uns protocolos estandarizados de valoración da condición física saudable para medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde. Asemade, nos permitirá coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Tamén seguiremos competindo en XOGADE na modalidade de campo a través. Este ano a fase local realizarémola en Présaras a principios do mes de decembro.
Como novidade, este curso plantemos o noso propio HORTO, o cal unido ao programa Aliméntate ben, que xa viña desenvolvéndose no centro desde hai uns anos, nos permitirá profundizar no tema da alimentación saudable!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario