domingo, 17 de abril de 2016

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Grazas a ENMA puidemos participar este ano en Ferrol na fase provincial. Aínda que non conseguimos clasificarnos para a fase seguinte, debido a un moi mal estado do percorrido da carreira e a unha desafortunada caída nada máis comezar a carreira, Enma deixou o noso colexio no máis alto dos escalos en canto a esforzo e constancia. Non deixou de correr ata o final conseguindo unha marca incrible despois de caer nun campo nada apropiado para a celebración deste tipo de actividades escolares. Esperemos que nun futuro este tipo de lugares se escollan mellor para impedir este tipo de caídas que nada teñen que ver co esforzo dos adestramentos e da xente que organiza, colabora ou participa neste tipo de actividades. Grazas Enma pola túa valentía e esforzo e grazas a todos por participar nas anteriores fases.

1 comentario:

  1. Parabéns Enma! Eres unha excelente corredora e tes un futuro moi prometedor como deportista. Deixaches moi alto o noso colexio e demostraches que en Ponte Carreira hai rapaces que teñen en conta o deporte.

    ResponderEliminar