venres, 13 de decembro de 2013

FÚTBOL SALA MASCULINO

Tamén case todos os alumnos de ESO e tres profesores participan na competición de fútbol sala. Empezou no primeiro trimestre pero seguirá durante o segundo polo grande éxito que houbo na participación.

xoves, 12 de decembro de 2013

Atletismo ESO

Durante esta avaliación os rapaces da ESO fixemos oito xornadas de atletismo nas cales había probas moi variadas como lanzamento de peso, 1000 metros lisos ou salto de lonxitude. Os organizadores estamos moi contentos polo alto número de participantes e polo compromiso amosado por todos eles. Para o próximo ano os nosos compañeiros de 3º faranse cargo da organización dos deportes e seguro que o farán moi ben!!!
Deixámosvos unha pequena mostra de dúas probas, 400 metros vallas e salto de lonxitude!!!


Sara e Xoel


xoves, 5 de decembro de 2013

CARREIRA SOLIDARIA 2013-2014

Para conmemorar o día Internacional dos dereitos do Neno, celebramos o 26 de Novembro de 2013 a Carreira Kilómetros de Solidariedade polos nenos e nenas de ETIOPÍA. A totalidade do alumnado e do profesorado do centro participou nesta actividade. A continuación tendes unha galería de fotos sobre a actividade.

luns, 25 de novembro de 2013

ADESTRAMENTOS CAMPO A TRAVÉS

Este ano volvemos a participar con moita ilusión na competición de campo a través. Participará todo o alumnado desde 3º de primaria ata 1º ESO. Aproveitando o tempo dos recreos planificamos e levamos a cabo os adestramentos durante os meses de novembro e decembro.
Esperamos estar preparados, pasalo ben e acadar bos resultados na primeira fase do campionato!!!


venres, 15 de novembro de 2013

DÍA DO PEÓN 2013

Co obxectivo de recuperar a práctica dos xogos populares, o día 11 celebrouse, baixo a convocatoria de Brinquedia, a oitava edición do Día do Peón. Case todo o noso alumnado fixo bailar os seus peóns e agora continuarán xogando!!!

mércores, 13 de novembro de 2013

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO 2013


O día 6 de novembro celebramos o Magosto no centro!!! Aquí vos deixamos unhas imaxes dos xogos populares que organizamos e cos que o pasamos XENIAL!!!


MAGOSTO 2013 CPI PONTECARREIRA - presentacion imagenes

martes, 12 de novembro de 2013

SALTANDO Á COMBA

O outro día en clase con 4º ESO estivemos saltando á comba á vez que botabamos balóns. Finalmente, tras moito súar acadamos o reto e aquí tendes unha foto do momento:


Aproveitando que acabamos de experimentar o necesario que é ter unha grande coordinación dinámica xeral, axilidade, equilibrio, forza e resistencia para facer este exercicio físico, anímovos a ver este vídeo: