Xa pasou un mes desde que se publicou en La Voz de Galicia, pero paga a pena botarlle un vistazo á seguinte ligazón:
mércores, 28 de xaneiro de 2015
xoves, 22 de xaneiro de 2015
24 de Xaneiro - Fase zonal de Campo a Través en Santiago
O vindeiro sábado 35 atletas do noso centro competirán na fase zonal de Santiago. Agardamos que o fagan o mellor posible e que desfruten moito da experiencia!!!
Moito Ánimo!!!
A continuación, tendes un enlace no que podedes consultar os participantes na carreira:
http://www.fgatletismo.es/santiago/
E aquí tendes a normativa da fase zonal:
https://drive.google.com/file/d/0B7KJCABNwdj0X2k2bzV2Wl9CdTg/view?usp=sharing
Moito Ánimo!!!
A continuación, tendes un enlace no que podedes consultar os participantes na carreira:
http://www.fgatletismo.es/santiago/
E aquí tendes a normativa da fase zonal:
https://drive.google.com/file/d/0B7KJCABNwdj0X2k2bzV2Wl9CdTg/view?usp=sharing
mércores, 31 de decembro de 2014
CAMPO A TRAVÉS PRÉSARAS 2014
CAMPO A TRAVÉS
Outro ano máis o noso alumnado participou na actividade de Campo a través pero, como non podía ser
de outra forma debido a súa preparación e interese, este ano conseguiron ter
maior éxito que no ano anterior.
Este ano competiron en Présaras
en lugar de Touro e en vista dos seus resultados foi unha boa decisión. Cabe
destacar:
. O primeiro posto de Enma
(alumna de 4º de EP ) grazas ao cal
se clasifica para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O 5º posto de Ángel ( alumno de 4º de EP ) e os bos
resultados do grupo de alevín masculino
(Matías, Ángel, Hugo, Xoel, José e David
de 4º e 5º de EP ) grazas ao cal se clasificaron para a seguinte fase en
Santiago de Compostela.
. O primeiro posto de Lucía , o segundo de Judith, o terceiro de Alba ( alumnas de 1º da ESO ) e o
6º de Nuria ( alumna de 6º de primaria)
e os bos resultados do grupo de infantil
feminino ( Lucía, Judith, Alba,
Nuria, Lorena e Paula “ as dúas alumnas de 5º de EP”) grazas ao cal tamén
se clasificaron para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O segundo posto de Carlos e o terceiro de Rubén ( alumnos de 6º da EP ) grazas ao cal
tamén se clasificaron para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O 4º posto de ALBA e o 5º posto de Lorena ( alumnas de 2º de ESO ) e os bos
resultados do grupo de cadete feminino
( Alba, Lorena, Rita, Ángela e Sara de 2º de ESO ) grazas
ao cal se clasificaron para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
. O primeiro posto de Marcial , o segundo de Alejandro, o terceiro de Jesús, o cuarto de Gonzalo , o
quinto de Santiago e o 6º de Manuel
( alumnos de 2º da ESO) polo que
quedan clasificados automaticamente na categoría cadete masculino para a seguinte fase en Santiago de Compostela.
Animámosvos a que os vaiades ver o
día 24 de xaneiro do 2015 na Alameda de Santiago de Compostela pola mañá.
Para os que non conseguiron clasificarse moitas grazas por participar.
E xa sabedes, adestrando todo é
posible!!
martes, 25 de novembro de 2014
Carreira Solidaria 2014
Para conmemorar o día Internacional dos dereitos do Neno, o 20 de Novembro de 2014, celebramos a Carreira Kilómetros de Solidariedade polos nenos e nenas de MALÍ. A totalidade do alumnado e do profesorado do centro participou nesta actividade. A continuación tendes unha galería de fotos sobre a actividade.
mércores, 19 de novembro de 2014
martes, 18 de novembro de 2014
Badminton 1ª avaliación
Como cada ano, aos alumnos de cuarto da ESO tocounos organizar diversos deportes durante os recreos co fin de pasalo ben e animar a realizar deporte tanto aos alumnos como ao profesorado. Ao principio atopamos contratempos como por exemplo faltas de asistencia ou desorganización...pero finalmente resultou un éxito. Como organizadores de bádminton queremos agradecerlle a os trinta e dous participantes e a profesora de ed.física que fixeron posible levar a cabo ata o fin este deporte. Tamén queremos darlle as gracias as persoas que durante dita actividade axudaron a colocación do material e a arbitraxe dos partidos.
Andrea,Tania e Nicolás
mércores, 12 de novembro de 2014
Xogos populares no Magosto 2014
O día 7 de novembro celebramos o Magosto no centro!!! Aquí vos deixamos unhas imaxes dos xogos populares que organizamos e cos que o pasamos XENIAL!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)