Aos nosos alumnos de 6º EP gústalles moito xogar ao brilé e todas as semanas adican un día, voluntariamente, a este deporte. Así que, chegou a hora de amosarvos que ben o pasan!!
sábado, 9 de maio de 2015
mércores, 6 de maio de 2015
Deportes ESO 3ª Avaliación: Atletismo, baloncesto e rugby.
Durante os meses de abril e maio, nos recreos de ESO, organizáronse os deportes de atletismo e baloncesto. A vindeira semana comezaremos con rugby. Aproveitando este feito, deixámosvos o enlace a unha nova desta fin de semana sobre o RUGBY FEMININO GALEGO:
domingo, 3 de maio de 2015
xoves, 16 de abril de 2015
Xa está aquí a II
CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO CONCELLO DE FRADES. Animámosvos a que volvades a
participar outra vez como no ano anterior nesta gran festa do deporte. Recordando
sempre que o máis importante é participar.
Dende o
Departamento de Educación Física do centro estamos axudando para que todos e
todas participedes nesta festa do deporte. Esperamos vervos alí para gozar dunha
experiencia inesquecible.
mércores, 4 de febreiro de 2015
venres, 30 de xaneiro de 2015
Fotos da fase zonal en Santiago
O pasado día 24 participamos nunha xornada de atletismo na Alameda de Santiago. Foi unha actividade moi positiva, na que o esforzo, a cooperación, a axuda mutua e o xogo limpo estivo presente.
Tódolos participantes, profesores e os familiares que nos acompañaron pasamos un día moi divertido!
Ademáis, as nenas de 2º ESO acadaron o 3º posto na clasificación por equipos da categoría cadete. Aquí as tendes recollendo o trofeo e as medallas:
Tódolos participantes, profesores e os familiares que nos acompañaron pasamos un día moi divertido!
Ademáis, as nenas de 2º ESO acadaron o 3º posto na clasificación por equipos da categoría cadete. Aquí as tendes recollendo o trofeo e as medallas:
mércores, 28 de xaneiro de 2015
O fútbol feminino move masas en Frades
Xa pasou un mes desde que se publicou en La Voz de Galicia, pero paga a pena botarlle un vistazo á seguinte ligazón:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
