xoves, 25 de xuño de 2015

Análise dos hábitos de práctica de Actividade Física do noso alumnado de 9 a 17 anos

         Dentro das actividades desenvolvidas dentro do Proxecto Deportivo de Centro (PDC), durante o mes de xuño o alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso centro, cubriu un cuestionario que se lles pasou co obxectivo de coñecer os seus hábitos de consumo de actividade física e deportiva (AF) e de sedentarismo.

Estamos moi orgullosos dos datos que nos amosa o cuestionario, que nos confirman que o PDC vai nunha moi boa dirección e que nos garantiza que o obxectivo principal do mesmo, aumentar o número de horas semanais de práctica do noso alumnado está acadado moi amplamente. As conclusións máis salientables son as seguintes:
  • O noso alumnado realiza unha media de 9,77 horas semanais de práctica de AF, sen contabilizar as horas de Educación Física e está 2,77 horas por encima das recomendacións da OMS para o seu grupo de idade. Esta media subiu 2,52 horas desde o pasado ano.
  • O 73% do alumnado realiza como mínimo 6 horas semanais de práctica de AF, producíndose un incremento do 20% desde o ano pasado.
  • Os nosos nenos son moi activos, pois o 71% deles practican como mínimo 6 horas semanais e o 16% realizan de 4 a 6 horas.
  • No caso das nenas, neste ano produciuse un incremento moi grande, pasando do 34% ao 76% a porcentaxe que realiza un mínimo de 6 horas semanais de práctica, o cal é un dato moi positivo de adhesión á AF.
  • A media de días semanais de práctica de AF pasou de 4,63 días do ano pasado a 6,18 días este ano  incrementándose en 1,55 días. Detallando este incremento por sexos, indicar que as nenas practican actividade física 6,17 días semanais (2,47 días máis que hai un ano); e os nenos 6,19 días semanais (0,79 días máis que o ano pasado).
  • media de horas semanais de práctica de AF sen ser en club é bastante similar entre os dous sexos; e cumpriuse o obxectivo de reducir as diferencias no referido ás actividades físico-deportivas realizadas nun club ou colectivo (en 0,73 horas).
  • Ao 98% do noso alumnado gústalle a actividade físico-deportiva.
  • 87% do alumnado practicou máis AF no centro (sen contar EF). Este dato relaciónase directamente coa importancia de aplicar o PDC.
  • O 93% do alumnado califícase como suficientemente activo/a, activo/a ou moi activo/a.
               Pinchando na seguinte foto podedes acceder ao documento no cal se expoñen todos os datos extraídos do cuestionario dun xeito moito máis detallado:




ESTAMOS MOI CONTENT@S COS NOS@S DEPORTISTAS!!!!!! 

SEGUIDE ASÍ!!!!!

Valoración do PDC polo alumnado

      Durante os tres últimos cursos no CPI Ponte Carreira estamos a participar no Plan Proxecta, desenvolvendo un Proxecto Deportivo de Centro (PDC) coa implicación máis directa de 7 membros do profesorado e coa participación de todo o alumnado (especialmente o de 4º ESO colaborando na organización) e unha altísima porcentaxe de profesorado e persoal de administración e servizos, así como participando en Xogade na modalidade de campo a través.

       O alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso CPI, cubriu un cuestionario que se lle pasou co obxectivo de valorar o grao de satisfacción coas actividades desenvolvidas dentro do PDC.

        valoración das actividades resulta ser moi positiva e en case tódolos ítems a valoración “Moito” supera a “Normal”, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria. 

            Pincha na seguinte foto e atoparás un documento con gráficos dos resultados obtidos:




MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!

BO VERÁN E PRACTICADE MOITA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA!!!!!!!

martes, 9 de xuño de 2015

RECREO, DIVERSIÓN ASEGURADA


A educación física está en todos os sitios, en todas as situacións… Cando corremos, cando xogamos, etc. Todos sabemos que hai clases de E.F. , pero nós facémola fóra desas clases a miúdo. 
Do que imos falar vai ser dos xogos que alumnos e alumnas de E.S.O. e Primaria practicamos a diario nos recreos, que se nos fan demasiado curtos:
Primeiro está o escondite. Todo o mundo o coñece e está canso de xogar a el. Neste xogo practicamos velocidade e tamén habilidade. Xa levamos algunhas caídas, pero vale a pena mellorar a túa rapidez e a túa destreza. 
Logo está o brilé, tamén moi coñecido. Aquí, o que máis se practica é a cooperación, ademais do tiro co balón. Lévanse algúns pequenos golpes, pero a habilidade de lanzamento equilibra a balanza.
Despois está a pilla e a cadea. Neste xogo, cando pillas a alguén ten que ir contigo da man e así sucesivamente. Practícase cooperación, velocidade e sobre todo, coordinación. Os que pillan teñen que ir para o mesmo lado, decidir a por quén van e non romper a súa cadea. 
Por último, están a bomba e sangue. Na bomba unha persoa conta no medio e vai avisando canto queda para que explote a bomba. Mentres tanto, os outros xogadores forman un círculo arredor e van pasando a pelota. Cando a persoa do medio diga “ BOMBA”, a persoa que teña a pelota na man tense que sentar e así ata que quede o gañador, que terá que ir saltando as persoas sentadas para darlle o balón ao seu contrincante. En sangue, unha persoa tira un balón ao aire dicindo o nome doutro xogador, que terá que coller a pelota o máis rápido posible mentres os outros escapan correndo. Cando colla o balón, dirá “ SANGUE” e os demáis xogadores terán que quedar quietos no sitio sen alonxarse. O xogador do balón terá que dar tres pasos para lanzarlle o balón a un xogador. Se lle dá, ese xogador quedará eliminado, e se non lle dá, perderá el. En ambos xogos practícase velocidade e axilidade co balón, destrezas moi importantes para a educación física. 
Estes son os principais xogos que practicamos nos recreos. Espero que vos animedes  a xogar e que vos divirtades moito. 
1º E.S.O.

xoves, 21 de maio de 2015

VENCEDORES II CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE FRADES

Aquí tedes as vencedoras os vencedores da II CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE FRADES. Este ano moitos dos gañadores e gañadoras foron alumnos e alumnas do noso centro. E algúns son antigos alumnos que seguen practicando deporte para estar en forma.

- Natalia Argibay Domínguez que quedou 3ª na categoría prebenxamín feminino.
- Enma Argibay Domínguez que quedou 3ª na categoría alevín feminino.
- Carlos Gómez Taboada que quedou 2º na categoría cadete masculino.
- Lorena García Álvarez que quedou 3ª na categoría cadete feminino.
- Andrea López García que quedou 2ª na categoría xuvenil feminino.
- Maite Gómez García que quedou 3ª na categoría xuvenil feminino.


E David Souto Sanjurjo antigo alumno que quedou 3º na categoría júnior e Adrián Garabato Lagares tamén antigo alumno que quedou de 2º na categoría promesa.

sábado, 9 de maio de 2015

Recreos de brilé

Aos nosos alumnos de 6º EP gústalles moito xogar ao brilé e todas as semanas adican un día, voluntariamente, a este deporte. Así que, chegou a hora de amosarvos que ben o pasan!!

mércores, 6 de maio de 2015

Deportes ESO 3ª Avaliación: Atletismo, baloncesto e rugby.

Durante os meses de abril e maio, nos recreos de ESO, organizáronse os deportes de atletismo e baloncesto. A vindeira semana comezaremos con rugby. Aproveitando este feito, deixámosvos o enlace a unha nova desta fin de semana sobre o RUGBY FEMININO GALEGO:


domingo, 3 de maio de 2015