martes, 9 de xuño de 2015

RECREO, DIVERSIÓN ASEGURADA


A educación física está en todos os sitios, en todas as situacións… Cando corremos, cando xogamos, etc. Todos sabemos que hai clases de E.F. , pero nós facémola fóra desas clases a miúdo. 
Do que imos falar vai ser dos xogos que alumnos e alumnas de E.S.O. e Primaria practicamos a diario nos recreos, que se nos fan demasiado curtos:
Primeiro está o escondite. Todo o mundo o coñece e está canso de xogar a el. Neste xogo practicamos velocidade e tamén habilidade. Xa levamos algunhas caídas, pero vale a pena mellorar a túa rapidez e a túa destreza. 
Logo está o brilé, tamén moi coñecido. Aquí, o que máis se practica é a cooperación, ademais do tiro co balón. Lévanse algúns pequenos golpes, pero a habilidade de lanzamento equilibra a balanza.
Despois está a pilla e a cadea. Neste xogo, cando pillas a alguén ten que ir contigo da man e así sucesivamente. Practícase cooperación, velocidade e sobre todo, coordinación. Os que pillan teñen que ir para o mesmo lado, decidir a por quén van e non romper a súa cadea. 
Por último, están a bomba e sangue. Na bomba unha persoa conta no medio e vai avisando canto queda para que explote a bomba. Mentres tanto, os outros xogadores forman un círculo arredor e van pasando a pelota. Cando a persoa do medio diga “ BOMBA”, a persoa que teña a pelota na man tense que sentar e así ata que quede o gañador, que terá que ir saltando as persoas sentadas para darlle o balón ao seu contrincante. En sangue, unha persoa tira un balón ao aire dicindo o nome doutro xogador, que terá que coller a pelota o máis rápido posible mentres os outros escapan correndo. Cando colla o balón, dirá “ SANGUE” e os demáis xogadores terán que quedar quietos no sitio sen alonxarse. O xogador do balón terá que dar tres pasos para lanzarlle o balón a un xogador. Se lle dá, ese xogador quedará eliminado, e se non lle dá, perderá el. En ambos xogos practícase velocidade e axilidade co balón, destrezas moi importantes para a educación física. 
Estes son os principais xogos que practicamos nos recreos. Espero que vos animedes  a xogar e que vos divirtades moito. 
1º E.S.O.

2 comentarios:

  1. Pasandoo así de ben claro que os recreos se fan curtos! Que boas ideas para pasalo ben facendo deporte.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar