xoves, 25 de xuño de 2015

Análise dos hábitos de práctica de Actividade Física do noso alumnado de 9 a 17 anos

         Dentro das actividades desenvolvidas dentro do Proxecto Deportivo de Centro (PDC), durante o mes de xuño o alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso centro, cubriu un cuestionario que se lles pasou co obxectivo de coñecer os seus hábitos de consumo de actividade física e deportiva (AF) e de sedentarismo.

Estamos moi orgullosos dos datos que nos amosa o cuestionario, que nos confirman que o PDC vai nunha moi boa dirección e que nos garantiza que o obxectivo principal do mesmo, aumentar o número de horas semanais de práctica do noso alumnado está acadado moi amplamente. As conclusións máis salientables son as seguintes:
  • O noso alumnado realiza unha media de 9,77 horas semanais de práctica de AF, sen contabilizar as horas de Educación Física e está 2,77 horas por encima das recomendacións da OMS para o seu grupo de idade. Esta media subiu 2,52 horas desde o pasado ano.
  • O 73% do alumnado realiza como mínimo 6 horas semanais de práctica de AF, producíndose un incremento do 20% desde o ano pasado.
  • Os nosos nenos son moi activos, pois o 71% deles practican como mínimo 6 horas semanais e o 16% realizan de 4 a 6 horas.
  • No caso das nenas, neste ano produciuse un incremento moi grande, pasando do 34% ao 76% a porcentaxe que realiza un mínimo de 6 horas semanais de práctica, o cal é un dato moi positivo de adhesión á AF.
  • A media de días semanais de práctica de AF pasou de 4,63 días do ano pasado a 6,18 días este ano  incrementándose en 1,55 días. Detallando este incremento por sexos, indicar que as nenas practican actividade física 6,17 días semanais (2,47 días máis que hai un ano); e os nenos 6,19 días semanais (0,79 días máis que o ano pasado).
  • media de horas semanais de práctica de AF sen ser en club é bastante similar entre os dous sexos; e cumpriuse o obxectivo de reducir as diferencias no referido ás actividades físico-deportivas realizadas nun club ou colectivo (en 0,73 horas).
  • Ao 98% do noso alumnado gústalle a actividade físico-deportiva.
  • 87% do alumnado practicou máis AF no centro (sen contar EF). Este dato relaciónase directamente coa importancia de aplicar o PDC.
  • O 93% do alumnado califícase como suficientemente activo/a, activo/a ou moi activo/a.
               Pinchando na seguinte foto podedes acceder ao documento no cal se expoñen todos os datos extraídos do cuestionario dun xeito moito máis detallado:




ESTAMOS MOI CONTENT@S COS NOS@S DEPORTISTAS!!!!!! 

SEGUIDE ASÍ!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario