Comezamos xuntos un novo curso escolar coa ilusión de continuar ofrecéndovos unha grande diversidade de actividades físicas e deportivas adaptadas para todas as idades; desde os máis pequenos do cole aos que damos a benvida ata os nosos maiores de 4º ESO que están desexando organizar para os seus compañeiros moitas actividades físicas e deportivas.
O pasado mes de xuño publicamos os resultados dunha enquisa na que indicaba que o noso alumnado de 9 a 17 anos realiza unha media de 9,77 horas semanais de práctica de AF, sen contabilizar as horas de Educación Física. Queremos manter estos bos resultados e pensamos que é importante que sigades participando nalgunha actividade extraescolar relacionada coa actividade física e deportiva. E o resto do alumnado de 3 a 8 anos que siga realizando tanta actividade como ata agora!!!
Animádevos a inscribirvos en actividades organizadas pola ANPA ou polo Concello de Frades!!!
En tódolos tempos de lecer teredes materiais deportivos á vosa disposición para estar xogando sen parar!!!
En Secundaria todos veñen con moitísimas forzas e enerxías para participar nas actividades deportivas organizadas nos recreos polos alumnos de 4º ESO!!!
Para rematar, informarvos de que este ano seguiremos a participar no Plan Proxecta, nesta ocasión no programa DAFIS, co obxectivo principal de utilizar uns protocolos estandarizados de valoración da condición física saudable para medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde. Asemade, nos permitirá coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non.

Ningún comentario:
Publicar un comentario