venres, 26 de maio de 2017

SUBCAMPIONA PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA

Enma Argibay Domínguez  acadou o subcampionato provincial  na modalidade de 3.000 metros o día 20 de maio no estadio de atletismo da Pobra do Caramiñal. Foi unha carreira na que Enma marcou un ritmo moi alto, indo en cabeza durante toda a proba e só foi superada por unha atleta na derradeira volta,

Os nosos parabéns polo teu esforzo e por ser un exemplo de superación no deporte feminino!!!


domingo, 14 de maio de 2017

IV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES






Xa chegou a IV carreira pedestre popular do concello de Frades. O alumnado deste centro participou, coma en anos anteriores, tendo uns máis que destacados resultados. Moitas foron as medallas e tamén os premios xa que o noso alumnado subiu en varias ocasións ao podio. Pero de todos eles queremos destacar o premio ao colexio con maior participación na proba. Grazas a todos por contribuír neste día tan especial. Moi mollado, por certo, pero onde triunfou, coma sempre, a deportividade.




















mércores, 5 de abril de 2017

Campionato de fútbol

Ao longo de toda a segunda avaliación o 95% do alumnado e o 36% do profesorado de ESO participaron na competición de fútbol organizada nos recreos por tres alumnos de 4º de ESO.

A competición resultou ser un éxito e desde a organización queremos agradecer aos participantes, ao público e aos árbitros a súa colaboración para promover o xogo limpo e o respecto

A continuación, amosámosvos un póster da final feminina e algunhas fotos, pinchando na foto de abaixo.




martes, 21 de febreiro de 2017

Campionato provincial de campo a través

A nosa atleta Enma Argibay Domínguez ven de participar o pasado sábado, día 18, na fase provincial da competición de campo a través. A proba realizouse na Pobra do Caramiñal e correron os mellores atletas da provincia da Coruña. Foi unha xornada de nervios mais tamén de moito esforzo, para percorrer os 1600 metros marcados na categoría infantil feminina. Acadou un moi meritorio noveno posto, quedando a só dous segundos do oitavo, posto que lle daría a posibilidade de clasificarse para o campionato galego. Moitos parabéns a Enma e agardamos que a súa actuación nos sirva a todos de exemplo de superación e amor polo deporte!!!

luns, 13 de febreiro de 2017

Fase Zonal de campo a través en Santiago

O día 21 de xaneiro, 11 atletas do noso centro participaron na competición de campo a través, fase zonal, na alameda de Santiago, nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. Correron con moito gusto para fuxiren do frío que ía ese día na capital de Galicia. Ademais, outro ano máis, a nosa campeona Enma Argibay Domínguez se clasificou para a final provincial do día 18 de febreiro!!!!! Noraboa a tod@s!!!!!!! A continuación vos deixamos algunha foto da xornada.

mércores, 21 de decembro de 2016

CAMPO A TRAVÉS EN PRÉSARAS 2016

Que día tan especial!. Moitos dos nosos nenos e nenas clasificáronse para a fase seguinte pero, o máis importante é que todos nos divertimos facendo deporte. Foi un día para coñecer outros nenos e nenas doutros colexios. Un día que non esqueceremos en moito tempo!

luns, 19 de decembro de 2016

BÁDMINTON 2K16

 Este 2016 os alumnos de 4º de ESO organizamos este deporte durante a primeira avaliación nos recreos. Os resultados foron óptimos, xa que conseguimos que se apuntaran  o  98% do alumnado e o 30% do profesorado. 
Como recompensa imos dar un agasaio a todos os participantes, dar as gracias a todos aqueles que axudaron a conseguir que se poidese realizar e aos participantes por traer o material, roupa axeitada e polo bo comportamento.
                                     
                                         Andrea, Alba e Marcial.