venres, 10 de novembro de 2017
Día do Peón 2017
Durante toda a semana practicamos nas clases de Educación Física cos peóns. E hoxe todos xuntos estámolo a pasar moi ben ensinándolle aos nosos compañeiros e compañeiras o ben que os facemos bailar. Ánimo e seguide practicando que cada vez sairá mellor!
martes, 31 de outubro de 2017
luns, 16 de outubro de 2017
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Nas clases de educación física o alumnado
xogou a diferenciar alimentos sans (os que poderíamos comer todos os días) dos
alimentos que non son tan sans (que non se poden comer a diario). Desta
forma concienciamos ao alumnado no consumo de alimentos como froitas,
hortalizas, pescados, produtos en conserva, … e dámoslle a coñecer os seus beneficios sobre a saúde e a mellora da
calidade de vida.













luns, 11 de setembro de 2017
Xogos de benvida!!!
Hoxe comezou o cole para o alumnado de ifantil e primaria. Para recibilos organizamos unha xornada de benvida chea de xogos, na que os pasamos xenial. Mirade, mirade...
venres, 30 de xuño de 2017
Análise dos hábitos de práctica de Actividade Física do noso alumnado de 8 a 17 anos
Dentro das actividades desenvolvidas no Proxecto Deportivo de Centro (PDC), durante o mes de xuño o alumnado de 8 a 17 anos, que cursa 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso centro, cubriu un cuestionario que se lles pasou co obxectivo de coñecer os seus hábitos de consumo de actividade física e deportiva (AF) e de sedentarismo.
Estamos moi orgullosos dos datos que nos amosa o cuestionario, que nos confirman que o PDC vai nunha moi boa dirección e que nos garantiza que o obxectivo principal do mesmo, aumentar o número de horas semanais de práctica do noso alumnado está acadado moi amplamente. As conclusións máis salientables son as seguintes:
- O estilo de vida do noso alumnado de 8 a 17 anos en relación coa AF segue sendo moi positivo, polo número de horas semanais de práctica, pasando de 8,13 horas de media, sen contar as clases de EF, do curso pasado a 11,64 horas semanais neste curso. As medias das chicas atópanse en 9,65 horas e as dos chicos en 14,05 horas semanais, superando en ámbolos dous casos amplamente as recomendacións da OMS para o seu grupo de idade -7 horas á semana-. Concretamos agora estos datos, tendo en conta que as dúas horas de EF obrigatorias semanais non están incluídas nestes datos:
- O 69% do alumnado fai un mínimo de seis horas semanais de AF, subindo esta porcentaxe nun 10% con respecto ao curso pasado.
- O 59% do alumnado realiza un mínimo de oito horas semanais de AF, e o 48% realiza máis de 10 horas semanais.
- Os nosos nenos son moi activos, pois o 70% deles practican como mínimo 8 horas semanais e o 18% realizan de 6 a 8 horas, subindo ámbalas porcentaxes desde o curso pasado.
- No caso das nenas, o 57% realiza un mínimo de 6 horas semanais de práctica, o cal é un dato moi positivo de adhesión á AF.
- 67% do alumnado recoñece que este curso realizou máis AF fóra do centro e o 66% realizou máis AF no centro, porcentaxes moi similares ás do curso pasado.
- O 97% do alumnado participa en AF no centro tanto no horario lectivo como nos periodos de lecer.
- A media de días semanais de práctica de AF
- A media de días semanais de práctica de AF durante un mínimo de 30 minutos -sen contar os días de EF-, é de 5,90 días; por sexos, indicar que as nenas practican actividade física 5,4 días á semana e os nenos 6,42 días á semana, mantendo unas porcentaxes similares ás do curso pasado.
- Ao 97% do noso alumnado gústalle a actividade físico-deportiva. Este dato relaciónase directamente coa importancia de aplicar o PDC.
- O 89% do alumnado califícase como suficientemente activo/a, activo/a ou moi activo/a.
Valoración do PDC polo alumnado
Durante os cinco últimos cursos no CPI Ponte Carreira estamos a participar no Plan Proxecta, no Proxecto Deportivo de Centro (PDC), centros activos e saudables, no que participaron activamente 8 membros do profesorado e coa participación de todo o alumnado (especialmente o de 4º ESO colaborando na organización). Para poder desenvolver con éxito as actividades incluídas no PDC, contamos coa inestimable cooperación dunha altísima porcentaxe de profesorado e persoal de administración e servizos.
Salientar tamén que un ano máis temos participado en Xogade na modalidade de campo a través e no programa DAFIS (valoración da condición física saudable).
Salientar tamén que un ano máis temos participado en Xogade na modalidade de campo a través e no programa DAFIS (valoración da condición física saudable).
O alumnado de 8 a 17 anos, que cursa 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso CPI, cubriu un cuestionario que se lle pasou co obxectivo de valorar o grao de satisfacción coas actividades desenvolvidas dentro do PDC.
A valoración das actividades resulta ser moi positiva, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria.
A valoración das actividades resulta ser moi positiva, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria.
xoves, 29 de xuño de 2017
Investigando sobre a agricultura ecolóxica con 4º ESO
Durante este curso o alumnado de 4º ESO realizou un traballo de investigación sobre a temática da agricultura ecolóxica. Pinchando na seguinte foto poderedes desfrutar dunha presentación na que combinamos as conlusións máis salientables do investigado cunhas figuras de acrosport que tratan de explicalo dun xeito visual.
Atrevédesvos a atopar a relación???
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












